Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de vacantes no corpo da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 144, do venres, 27 de xullo de 2018, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da policía local na OEP 2017.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 20 de xuño de 2018, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da policía local no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2017, que a seguir se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 3. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 5. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 23 de agosto de 2018

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal