Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 238/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 238/2018

Sobre: despedimento

Demandante: José Manuel Salgueiro Castro

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Fogasa, Enasa System, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 238/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro contra Enasa System, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como DSP baixo o número 238/2018, nas cales é parte demandante José Manuel Salgueiro Castro, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire, e son partes codemandadas a mercantil Enasa System, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que así mesmo non comparece a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito a presente sobre a base dos seguintes

Parte dispositiva

Dispoño: que debo acceder e accedo á aclaración do erro material ou de transcrición formulada por José Manuel Salgueiro Castro, actuando no seu propio nome e representación, fronte á sentenza estimatoria número 338/2018, ditada nos presentes autos en data 2 de xullo de 2018, sen traslado previo á contraparte, e confirmo o resto de termos no seu contido íntegro:

Onde di: «... Sendo así todo o anterior, resulta inherente á estimación da demanda con declaración de improcedencia do despedimento de José Manuel Salgueiro Castro, con efectos do día 8 de marzo de 2018, a aplicación do artigo 56 do Estatuto dos traballadores, que neste suposto se traduce en lle conceder á empresa Enasa System, S.L. demandada o prazo de 5 días para optar: 1. ou ben pola readmisión do traballador José Manuel Salgueiro Castro coas mesmas condicións laborais que posuía no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 8.5.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 50,14 euros/día euros diarios... Decido. Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por José Manuel Salgueiro Castro, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire, fronte á mercantil Enasa System, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes: Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de José Manuel Salgueiro Castro, con data de efectos do día 8 de maio de 2018, e condeno o empresario agora demandado a optar, no prazo de 5 días hábiles contados desde a notificación da presentes sentenza, entre: a) ben a readmisión do traballador José Manuel Salgueiro Castro, coas mesmas condicións laborais que posuía no momento de producirse o despedimento, xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 8.5.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 50,14 euros/día euros diarios; b) ben aboarlle ao traballador José Manuel Salgueiro Castro a indemnización por despedimento improcedente, que ascende a 275,75 euros. Deberá entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá a readmisión do traballador Sr. Salgueiro Castro e, por ende, con obriga de aboarlle a este os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 50,14 euros/día, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial. (…)».

Debe dicir: «... Sendo así todo o anterior, resulta inherente á estimación da demanda con declaración de improcedencia do despedimento de José Manuel Salgueiro Castro, con efectos do día 8 de marzo de 2018, a aplicación do artigo 56 do Estatuto dos traballadores, que neste suposto se traduce en lle conceder á empresa Enasa System, S.L. demandada o prazo de 5 días para optar: 1. ou ben pola readmisión do traballador José Manuel Salgueiro Castro coas mesmas condicións laborais que posuía no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 8.3.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 50,14 euros/día euros diarios... Decido. Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por José Manuel Salgueiro Castro, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire, fronte á mercantil Enasa System, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes: Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de José Manuel Salgueiro Castro, con data de efectos do día 8 de marzo de 2018, e condeno o empresario agora demandado a optar, no prazo de 5 días hábiles contados desde a notificación da presentes sentenza, entre: a)ben a readmisión do traballador José Manuel Salgueiro Castro coas mesmas condicións laborais que posuía no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a este dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 8.3.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 50,14 euros/día euros diarios; b)ben aboarlle traballador José Manuel Salgueiro Castro a indemnización por despedimento improcedente, que ascende a 275,75 euros. Deberá entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito, procederá a readmisión do traballador Sr. Salgueiro Castro e, por ende, con obriga de aboarlle a este os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 50,14 euros/día, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial».

Notifíqueselles este auto ás partes comparecidas, facéndolles saber que este é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún distinto ao que, se é o caso, proceda interpor contra a resolución a que se refira a solicitude ou aclaración de oficio, de acordo co disposto no artigo 214.4 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Enasa System, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza