Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2016/9/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme ao disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil, artigos 16 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

O expediente atópase a disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificados.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra a resolución recaída no expediente, que non pon fin á vía administrativa, ante o conselleiro de Política Social, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte á data da súa notificación, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 107, 114 e 115 da Lei 30/1992).

Lugo, 4 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2016/9/27.

Interesados:

1. Roberto Marcelo Abad Álvez.

DNI: *****517L.

2. Luisa Penabad García.

DNI: *****141Z.

Asunto: Resolución do 9 de agosto de 2016.

Efectos: desistencia da solicitude e acordo de arquivamento.