Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2009/23/2).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que a continuación se relaciona a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 175 e seguintes do Código Civil, artigos 27 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio da interesada.

O expediente atópase a disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, número 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se lle terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra a resolución recaída no expediente, que non pon fin á vía administrativa, ante o conselleiro de Política Social, nun prazo de (1) mes contado desde o día seguinte á data da súa notificación, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer, de ser o caso, calquera outro que considere procedente (artigos 48, 58, 107, 114 e 115 da Lei 30/1992).

Lugo, 4 de setembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2009/23/2.

Persoa interesada: Sira María Rodríguez Corredoira.

DNI: *****956D.

Asunto: Resolución do 19 de xaneiro de 2016.

Efectos: desistencia da solicitude e acordo de arquivamento.