De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que a seguir se relacionan a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme ao disposto nos artigos 175 e seguintes do Código civil, artigos 27 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.
O expediente atópase a disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, núm. 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.
As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso contra a resolución recaída no expediente ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 4 de setembro de 2018
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Número do expediente: 2015/1/2.
Persoas interesadas:
1) Víctor Manuel Braña Bello.
DNI: *****780M.
2) María del Carmen Canto Domínguez.
DNI: *****463P.
Asunto: Resolución do 9 de novembro de 2015.
Efectos: denegación da solicitude.