Mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Mediante a Resolución do 18 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.
Na base sétima da resolución da convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición, único para a categoría, será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018.
A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o acceso á categoría de médico/a de familia de atención primaria e que se relacionan no anexo desta resolución.
Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Presidente/a titular |
Prieto Cebreiro, Vicente Javier |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Secretario/a titular |
Castro Seijas, Mercedes |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal titular |
González Araújo, Antonia |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal titular |
Izquierdo Fernández, Rosana |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal titular |
Rey Aldana, Daniel |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Presidente/a suplente |
Paramio Castedo, Fernando |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Secretario/a suplente |
Rodríguez Cabo, Esperanza |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
Grupo técnico da función administrativa |
Vogal suplente |
Fabeiro Romero, Domingo |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal suplente |
Margusino Framiñán, Cristina |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |
Vogal suplente |
Rodríguez Fernández, Concepción |
Persoal estatutario licenciado sanitario |
Médico/a de familia de atención primaria |