Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42582

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a.

Mediante a Resolución do 18 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución da convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición, único para a categoría, será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa dita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018.

A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o acceso á categoría de enxeñeiro/a técnico/a e que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Enxeñeiro/a técnico/a

Presidente/a titular

Blanco García, José Miguel

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Secretario/a titular

Montero Furelos, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Froiz García, Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Vogal titular

Rodríguez Aguiar, José Antonio

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Vogal titular

Rodríguez Pérez, Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro superior

Presidente/a suplente

Rodríguez Castrelo, Cándido

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Secretario/a suplente

Ríos Carro, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

Boo Mecías, Antonio

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Vogal suplente

García Rivela, Odilo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico

Vogal suplente

Rodríguez Ocampo, Eduardo

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enxeñeiro técnico