Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42516

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 5 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade da resolución da Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas de aptitude para a obtención do título de Xestor Administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 18 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de maio, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de Xestor Administrativo.

Segundo. De conformidade coa base quinta da dita resolución, e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás ditas probas, a Presidencia do Colexio aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos, e dispón a súa publicación para a súa consulta na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia www.ga-galicia.com, e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio, logo de anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os aspirantes non admitidos dispoñerán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para emendaren, se é caso, a omisión ou defecto que motivou a súa non admisión ou presentaren a correspondente reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Cuarto. Unha vez que sexan e resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do Colexio.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza