Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42517

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva da delimitación do solo de núcleo rural de Prado, parroquia de Morgadáns, do concello de Gondomar (Pontevedra).

O Concello de Gondomar remite documentación da delimitación de solo de núcleo rural (DSNR) de Prado para resolver sobre a súa aprobación definitiva, conforme o previsto no artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e no artigo 191 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG).

Analizado o proxecto da DSNR de Prado, redactado pola arquitecta Delia Prado Figueroa en maio 2017, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Gondomar non conta actualmente con ningunha figura de planeamento xeral. O ordenamento xurídico vixente deriva da providencia da Alcaldía do día 8.3.2012, na cal se remite á dilixencia da secretaria municipal, que remite aos informes xurídicos da técnica da Administración xeral dos días 15.9.2011 e 20.2.2012 e aos informes da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo dos días 6.9.2012 e 5.7.2013.

2. O 5.2.2016 o Concello de Gondomar inicia o período de información pública da DSNR de Prado conforme a disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que se publicou no DOG do 12.2.2016 e nos xornais Atlántico e Faro de Vigo do 13.2.2016.

3. O 5.7.2016 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental inicia o período de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada (expediente núm. 2016AAE1920).

4. O 26.9.2016 formúlase o informe ambiental estratéxico da delimitación, polo que se resolve non sometela ao procedemento de avaliación ambiental ordinaria, á cal lle achegan os informes da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 1.9.2016; Instituto de Estudos do Territorio do 15.9.2016; Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica do 22.8.2016; e Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 10.8.2016.

5. O Concello realiza un novo trámite de información pública, polo prazo de dous meses, mediante anuncio no DOG do 24.11.2016, e nos xornais Atlántico e Faro de Vigo do 28.11.2016. Achégase copia das notificacións individualizadas ás persoas titulares catastrais e publicación no Boletín Oficial del Estado do 28.4.2017 e no Boletín Oficial de Pontevedra do 15.5.2017 nos casos en que non foi posible a notificación persoal.

Consta presentada unha alegación o día 25.2.2016.

6. O Concello solicitou informe á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (22.11.2016) e a Augas de Galicia (día 21.11.2016). Segundo informe xurídico e do secretario do 25.5.2017, non constan emitidos os informes requiridos.

7. Constan informes técnicos municipais de 9.11.2016, 10.5.2017, 11.5.2017 e 24.5.2017; e informe xurídico e do secretario do 25.5.2017.

8. O proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Prado foi aprobado provisionalmente polo Pleno do Concello do 21.6.2017.

9. En resposta ao requirimento do Servizo de Urbanismo do día 2.10.2017, o concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda remite copia dos seguintes informes:

– Instituto de Estudos do Territorio do 4.10.2017,

– Dirección Xeral de Emerxencias e Interior do día 28.9.2017,

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 20.10.2017,

– Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 7.11.2017,

– Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital do 14.11.2017,

– Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Aviación Civil do 10.1.2018, informe favorable condicionado á inclusión das cuestións indicadas nel.

– Subdelegación do Goberno do día 25.10.2017,

– Certificado do 7.3.2018 do secretario municipal, en relación a que transcorreron 3 meses desde a solicitude de informe á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, sen que conste recibida contestación.

II. Análise e consideracións.

A proposta ten por obxecto o recoñecemento e delimitación do asentamento de Prado, no sueste da parroquia de Morgadáns, como solo de núcleo rural no tipo básico de núcleo rural tradicional, cunha superficie de 77.089 m².

O proxecto de DSNR aprobado provisionalmente polo Pleno do Concello do 21.6.2017 responde aos requirimentos realizados e dá cumprimento ás cuestións sinaladas no informe emitido no período de consultas pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 1.9.2016 .

De conformidade co artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación do solo de núcleo rural corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural de Prado, parroquia de Morgadáns, do Concello de Gondomar, condicionada á inclusión na documentación das indicacións do informe da Dirección Xeral de Aviación Civil do 10.1.2018.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file