Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2018 Páx. 42663

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

A Orde do 31 de decembro de 2017 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 16 de maio de 2018 (DOG núm. 101, do 29 de maio) adxudícanse as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III e publícanse as listas de agarda correspondentes.

Pola Resolución do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 28 de agosto de 2018 estímase o recurso presentado por Abel Muñiz Mouro, candidato da Universidade de Santiago de Compostela á modalidade A destas axudas, contra a Resolución do 16 de maio de 2018. A estimación do recurso materialízase no cambio da puntuación final do candidato a 8,1113 puntos e a súa inclusión no posto que lle corresponde na lista de agarda desta modalidade.

No artigo 11.6 da convocatoria indícase que cada lista de agarda debe estar integrada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas para cada modalidade e órgano instrutor. Como consecuencia, sae da lista de agarda da modalidade A o investigador que figuraba no último lugar.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á persoa titular da presidencia da Gain, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

En consecuencia, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Como consecuencia da estimación do recurso presentado por Abel Muñiz Mouro (expediente ED481A-2018/023), candidato da USC na modalidade A destas axudas, contra a Resolución do 16 de maio de 2018, modificar a lista de agarda da modalidade A do SUG e incluílo como suplente no posto 2 que lle corresponde pola súa puntuación.

Segundo. Excluír da lista de agarda da modalidade A do SUG a solicitude de Hugo Campos Romero, candidato presentado pola USC.

Terceiro. Publicar a nova lista de espera da modalidade A do SUG destas axudas como anexo.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, ou ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Lista de agarda da modalidade A do Sistema universitario de Galicia

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2018/073

USC

Farto

Vaamonde

Xián

*****851Z

2

8,1143

ED481A-2018/023

USC

Muñiz

Mouro

Abel

*****237S

3

8,1113

ED481A-2018/036

USC

Hermida

Nogueira

Lidia

*****005G

2

8,0225

ED481A-2018/178

UDC

Cid

Bengoa

Clara

*****729S

2

7,9981

ED481A-2018/314

UDC

Uzal

Varela

Rocío

*****619R

-

7,9747

ED481A-2018/154

USC

Lado

Baleato

Óscar

*****322L

2

7,9231

ED481A-2018/298

UVIGO

Vázquez

Arias

Alba

*****212H

-

7,9093

ED481A-2018/056

USC

Vivero

López

María

*****964Z

1

7,8596

ED481A-2018/134

USC

Pose

Boirazian

Tomás

*****905Z

3

7,8483

ED481A-2018/069

USC

Alonso

Rego

Cecilia

*****53M

1

7,8325

ED481A-2018/011

USC

Ameneiro

Quiñoy

Cristina

*****538W

2

7,8094

ED481A-2018/117

UDC

Concheiro

Moscoso

Patricia

*****095Y

3

7,7997

ED481A-2018/251

UDC

Arslan

 

Kubra

*****996V

2

7,7815

ED481A-2018/177

USC

Sanjurjo

Durán

Emilio

*****114Z

2

7,7677

ED481A-2018/232

UVIGO

Morandeira

Conde

Lois

*****087B

2

7,7622

ED481A-2018/318

UDC

Martín

Prieto

Rodrigo

*****010H

2

7,7249

ED481A-2018/109

USC

Tubío

Fungueiriño

María

*****416H

1

7,7221

ED481A-2018/301

UVIGO

Araújo

Branco

Catarina Isabel

*****183J

2

7,7129

ED481A-2018/006

USC

Riádigos

Sánchez

Irma

*****835F

2

7,6992

ED481A-2018/295

UVIGO

García

Rodríguez

Michael

*****274R

3

7,6914

ED481A-2018/335

UVIGO

Herrera

Pérez

Salvador

*****260F

2

7,6493

ED481A-2018/290

UVIGO

Salvador

Gimeno

Coral

*****184Y

3

7,6487

ED481A-2018/286

UVIGO

González

de Santos

Luis Miguel

*****435B

2

7,6469

ED481A-2018/062

USC

Mallo

Abreu

Ana

*****999Y

2

7,6461

ED481A-2018/088

USC

López

Iglesias

Clara

*****470B

2

7,6302