Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42744

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que valorará os méritos dos candidatos e das candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 13 de xullo de 2018, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18 (DOG do 27), establece no seu artigo 12 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 13 de xullo de 2018,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección dos candidatos e das candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18, que valorará os méritos dos participantes.

Segundo. Facer pública a súa composición que figura no anexo a esta resolución.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Comisión de selección dos candidatos e das candidatas aos premios

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogais:

– María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación.

– María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.

– María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de educación.

Actuará como secretario/a, con voz e sen voto, un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.