Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2018/209-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CTC Marzán II.

Situación: O Rosal.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 828 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio 9PDHDHD0/13 do tramo ROS8063688, entre a derivación ao CT Pancenteno Aserradero e a derivación á antena dos CCTT Marzán e Cachada Rosal, e final no centro de transformación proxectado Marzán II. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na Barrosa, Marzán, O Rosal.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial, resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 24 de agosto de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, DOG nº 18, do 25 de xaneiro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial