Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 160/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 160/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Vázquez López contra Three Telecom 2014, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Iago Vázquez López fronte a Three Telecom 2014, S.L., Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018.

Despois de presentar o traballador Iago Vázquez López exixindo o cumprimento polo empresario Three Telecom 2014, S.L. da sentenza, e despois de despacharse auto de execución de sentenza nº 262/18 de data 6.6.2018 ditada no procedemento DSP 141/18, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e fágolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 22 de outubro de 2018 ás 12.15 horas para a celebración da comparecencia na sala de audiencias núm. 1 deste xulgado, sita en rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza