Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2018 Páx. 42773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (150/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 150/2018 por instancia de Rufino Fraga Fraga contra a empresa Ifedic Pereira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 16.7.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Rufino Fraga Fraga fronte á empresa Ifedic Pereira, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Ifedic Pereira, S.L. ao traballador.

– Condénase a Ifedic Pereira, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 74.678,72 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 59,27 euros diarios, devindicando as devanditas cantidades o xuro correspondente.

– Condénase a empresa Ifedic Pereira, S.L. a aboar a Rufino Fraga Fraga a cantidade de dez mil trescentos noventa e sete euros con doce céntimos de euro (10.397,12 euro), devindicando o xuro correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ifedic Pereira, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza