– Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a recompilación dos bens que, polo seu interese cultural, se recollan individualmente singularizados nos instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio, para a súa posterior incorporación ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia. O prazo de execución é de catro meses e comeza o 17 de agosto de 2018.
– Financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 10.21.433A.640.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural