De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, está resolución adquirirá firmeza na vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-OU-0155/2017-DIA.
Interesado: Alejo Pardo Rodríguez.
Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.