De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0965/2018-COP e sete máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 10 de setembro de 2018
O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.10.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños
ANEXO
Nº expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0965/2018-COP |
Marian Osuna Buenafuente |
45658201G |
Inicio |
Barrantes, 4, 2º C, A Pobra do Caramiñal |
PSC-CO-0971/2018-PPM |
Manuel Devesa Bermúdez |
32583091A |
Inicio |
Arou, 4, Camariñas |
PSC-CO-0995/2018-PPM |
Ángel Manuel Dieste Hermo |
76965605S |
Inicio |
Lugar Corviño, 2, 1º E, Boiro |
PSC-CO-1006/2018-PPM e PSC-CO-1008/2018-PPM |
César Seijas Pérez |
76778717W |
Inicio |
Avenida do Rocío, 31, Outes |
PSC-CO-1026/2018-PPM |
Juan José Vázquez Lado |
32801589R |
Inicio |
Campo Sacramento, 103, blq. B, portal 3, 2º I, Cee |
PSC-CO-1032/2018-PPM |
Antonio Suárez Montoya |
53309721E |
Inicio |
O Portiño, 34, baixo, A Coruña |
PSC-CO-1033/2018-PPM |
Joaquín Silva Silva |
47361119W |
Inicio |
Socorro, 5, 1º A, A Coruña |