O 12 de xullo de 2018 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Club de Campo As Mariñas, S.L. (t.m. Culleredo) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución á interesada, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia