O 19 de xullo de 2018 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Bioucoilgreen, S.L. (t.m. Curtis) pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2018
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia