Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43094

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Comesaña Pereira, María

36165129K

43

Jorge García, Patricia

70251765J

17, 20, 58

Las Heras Arnedo, Celia

72797994G

18

Martínez Moreno, Adriana

71727219V

58

Ouro Platero, Iván Pablo

33543371X

15

Pedreira Ramos, Leticia

47357982Q

16

Rosado Fernández, Santiago

32839192E

17, 20, 58

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

43

Desistencia da solicitude

58

Documento xustificativo de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentado