Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43096

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 6 e 13 de setembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas, cambiar a resposta considerada como correcta da pregunta 94, de xeito que a resposta correcta é a d).

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 17, 22, 37, 50, 77, 78, 82, 83, 91 e 92, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 101, 102, 103, 104 e 105.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 28 de xuño de 2018, superaron o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, e fixouse en 47 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal