Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43015

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2018).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario, da entidade beneficiaria, da contía e da finalidade.

Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de corenta e tres mil trescentos noventa euros con once céntimos (43.390,11 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

A Coruña, 3 de setembro de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A): subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018

NIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G15766918

Asociación de mulleres rurais A Maristela

Liña 1

2.141,25 €

G70390745

Asociación Centinelas

Liña 1

2.641,27 €

G15901176

Asociación de mulleres rurais Amurusa

Liña 1

847,05 €

G70490115

Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca-Anmupesca

Liña 1

2.657,14 €

G15049034

Asociación amas de casa, consumidores e usuarios

Liña 1

2.868,05 €

G15969868

Federación Galega de Redeiras O Peirao

Liña 1

2.542,86 €

G70370119

Asociación Puntodelas-Secretaría das mulleres

Liña 1

2.730,16 €

G70223417

Acadar Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia

Liña 1

2.215,71 €

G70239397

Asociación rural de mulleres emprendedoras Arume

Liña 1

2.414,29 €

G70101647

Fademur-Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

Liña 1

2.586,52 €

G15945686

Asociación Labregas

Liña 1

2.539,68 €

G70301916

Asociación executivas de Galicia

Liña 1

1.803,61 €

G15745466

Asociación acción familiar Ferrol-AFA

Liña 1

1.657,11 €

G15870777

Asociación mulleres rurais Carballeira

Liña 1

489,36 €

G15910656

«A Ponderosa» Asociación para a promoción e desenvolvemento, muller e familia de Anxeriz

Liña 1

940,07 €

G15656762

Agra-Asociación para a promoción e integración das mulleres galegas

Liña 2

2.997,00 €

G15681000

Asociación de acción social, educación permanente y de servicios a la juventud y a la mujer Tempus

Liña 2

3.000,00 €

G15923113

Asociación de mulleres rurais «Ceres»

Liña 2

2.818,98 €

G70480595

Asociación de coaching para el desarrollo social y comunitario Daleth

LIña 2

2.064,41 €

G15830375

Asociación de mulleres «O Cantón»

Liña 2

1.435,59 €