Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2018 Páx. 43017

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2018).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario, da entidade beneficiaria, da contía e da finalidade.

Mediante a Resolución do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de dezaoito mil douscentos cincuenta euros e oitenta e oito céntimos (18.250,88 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Lugo, 3 de setembro de 2018

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das
mulleres (SI437A): Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G27179134

Asoc. Mulleres Rurais Agarimo

Liña 1

600,00 €

G32282584

Asoc. Afammer

Liña 1

1.628,57 €

G27212281

Asoc. Amuraxe

Liña 1

1.630,95 €

G27337120

Asoc. Mulleres Rurais Ledicia

Liña 1

1.386,72 €

G27130103

Asoc. Viudas Carmiña Prieto Rouco

Liña 1

442,14 €

G27013697

Asoc. Viudas Julia Minguillón

Liña 1

952,38 €

G27375856

Asoc. Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua

Liña 1

283.33 €

G27411636

Asoc. Corazóns Artesáns

Liña 1

1.349,50 €

G27441153

Mulleres em Igualdade de Burela

Liña 2

2.795,26 €

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Liña 2

3.000,00 €

G27207117

Asoc. Amas de Casa de Ribadeo

Liña 2

2.260,00 €

G27431873

Asoc. E-Deidades

Liña 2

1.922,03 €