Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 96/2016).

Execución de títulos xudiciais 96/2016

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 700/2014

Sobre despedimento

Demandante: Lucas Méndez Fernández

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Manuel Lombardía Rodríguez, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Sotegal de Enerxía, S.L., Esinor Sistemas, S.L.U.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 96/16, por instancia de Lucas Méndez Fernández contra as executadas Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Vázquez Cabo, Sotegal de Enerxía, S.L., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Manuel Lombardía Rodríguez, Esinor Sistemas, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 5 de setembro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 77.419,29 euros de principal, máis 7.774,78 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza