Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43404

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 260/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 260/2018, seguido por instancia de Antonio Cacharrón Gómez contra a mercantil Monsial, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza número 149/2018, do 5 de setembro, pola que se estima a demanda presentada.

Contra a dita sentenza cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza