Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 284/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 284/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Sánchez contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Deus Creaciones y Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Confección Ideal, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, e despedimento, foi interposta por Ana María Rodríguez Sánchez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., y Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., y administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de abril de 2017 e, ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a Ana María Rodríguez Sánchez coa entidade Deus Creaciones, S.L., no día de hoxe (27 de outubro de 2017), condenando solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., ao aboamento dunha indemnización a razón de 27.064,80 €, e salarios de tramitación devindicados entre o 4 de abril e o 26 de outubro de 2017, a razón de 37,59 € día, o que supón a cantidade de 7.781,13 € brutos.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade, que foi interposta por Ana María Rodríguez Sánchez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., e administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Nuevo Siglo Textiles, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 4.908,31 € líquidos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e xaneiro, febreiro de 2017, e finiquito, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable os conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato, despedimento e cantidades que foi interposta por Ana María Rodríguez Sánchez fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., ás cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E, para que sirva de notificación en legal forma a aquelas demandadas que se encontran en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza