Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43322

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 17 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación da Resolución do 21 de  marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 392281.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 31 de outubro de 2018, incluído, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 8 da Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Segundo. Prazo de xustificación

Amplíase ata o 30 de novembro de 2018, incluído, o prazo de xustificación previsto no artigo 17 da referida resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración