Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43323

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 19 de setembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K).

A Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K), establece no seu artigo 37.1 parágrafo 3 que os créditos se poderán modificar nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

En consecuencia, ao existir remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 16 de marzo de 2018, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018, nas seguintes contías e aplicación orzamentarias, con ampliacións de créditos de aplicacións do mesmo programa ou programas do mesmo servizo.

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

Vixente, logo do reaxuste

2018

2019

09.41.323A.460.1

2013 00545

1.038.435,74 €

1.753.722,60 €

09.41.323A.471.0

2013 00545

9.762.871,28 €

8.386.211,96 €

09.41.323A.481.0

2013 00545

2.970.660,09 €

2.712.284,35 €

2018

2019

Ampliación

09.41.323A.460.1

2013 00545

357.788,38 €

363.482,42 €

09.41.323A.471.0

2013 00545

8.047.118,56 €

8.315.590,85 €

09.41.323A.481.0

2013 00545

2.914.609,04 €

2.909.766,15 €

Total

09.41.323A.460.1

2013 00545

1.396.224,12 €

2.117.205,02 €

09.41.323A.471.0

2013 00545

17.809.989,84 €

16.701.802,50 €

09.41.323A.481.0

2013 00545

5.885.269,13 €

5.622.050,50 €

En cada unha das provincias galegas, a repartición dos anteditos importes da ampliación por aplicación orzamentaria e anualidade realizarase en función das seguintes porcentaxes, de tal xeito que se poida atender unha porcentaxe similar da demanda de accións formativas para persoas desempregadas en todo o territorio de Galicia.

A Coruña

40,88 %

Lugo

40,81 %

Ourense

40,92 %

Pontevedra

40,94 %

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria