Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución de procedemento de descualificación como empresa de inserción laboral e cancelación da súa inscrición no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.

Logo de intentada a notificación persoal, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 30 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase a interesada indicada no anexo a resolución do procedemento de descualificación como empresa de inserción laboral e cancelación da súa inscrición no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, ao abeiro do disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto), e na Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo en Galicia (DOG núm. 6, do 9 de xaneiro de 2009).

A interesada disporá dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada diante do conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Indícaselle a interesada que ten á súa disposición o contido íntegro da resolución, así como a totalidade do expediente administrativo, nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Razón social: EIL Servizos Comunitarios de Galicia, S.L. (Sercoga).

NIF: B32390544.

Nº Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia: 66/008/2009/EIL.

Último enderezo coñecido: avda. Portugal, 93, baixo, 32002 Ourense.

Procedemento: descualificación e baixa da inscrición de empresas de inserción laboral (EIL).

Data da resolución: 20 de setembro de 2016.

Feitos imputados: non presentar a documentación suxeita a constancia rexistral relativa aos exercicios 2012, 2013 e 2014, e non ter contratadas a persoas en situación ou risco de exclusión social en proceso de inserción.

Preceptos infrinxidos: artigo 8.1 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o su rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto):

a) O incumprimento da finalidade primordial de integración sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social.

b) O incumprimento ou perda dalgún dos requisitos necesarios para ser considerada empresa de inserción.

c) O incumprimento de forma continuada das obrigas inherentes á súa propia natureza, incluídos os incumprimentos en materia de inscrición e constancia rexistral.

Contido da resolución: descualificación como empresa de inserción laboral e cancelación da súa inscrición no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.