A empresa Fenosa Wind, S.L., solicitou a declaración de utilidade pública para as instalacións do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baleira e Baralla (Lugo).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Predio do proxecto nº |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Titular |
72 |
Castroverde |
148 |
132 |
Descoñecido |
74 |
Castroverde |
148 |
138 |
Descoñecido |
45 |
Baleira |
67 |
93 |
Descoñecido |
68 |
Castroverde |
143 |
365 |
José Manuel Fernández Neira |
70 |
Castroverde |
143 |
365 |
José Manuel Fernández Neira |
38 |
Castroverde |
142 |
77 |
Mª Carmen Fernández Neira |
17 |
Castroverde |
94 |
32 |
José Fernández Carballido |
73 |
Castroverde |
148 |
174 |
Videlina Pereira Prieto |