Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43397

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2018 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social a Alberto Arufe Varela.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 10 de maio de 2018 (BOE do 28 de maio), para a provisión da praza número 18/017 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, departamento de Dereito Público desta universidade, a favor de Alberto Arufe Varela, con DNI 32802885D, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto Arufe Varela, catedrático de universidade da área de coñecemento de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, departamento de Dereito Público desta universidade.

No prazo máximo de vinte (20) días, contado desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de setembro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña