Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1072/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1072/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Lema Moreira contra a empresa Brincadeira Animación, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 6 de setembro de 2018.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1072/2015, en que son parte, dunha banda, como demandante, Estefanía Lema Moreira, asistida pola letrada Noa Soto Martínez, e, como demandada, Brincadeira Animación, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando en parte a demanda interposta pola demandante Estefanía Lema Moreira, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Brincadeira Animación, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 640 euros polos conceptos reclamados na demanda máis os xuros do 10 % por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a Brincadeira Animación, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza