Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 171/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 171/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Mosquera Hernández contra Raisin Dor, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 503/17, do 13.11.2017, ditada no procedemento ordinario 517/15 a favor da parte executante, Adrián Mosquera Hernández, fronte a Raisin Dor, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 2.387,15 euros en concepto de principal (1.780 euros en concepto de salarios e vacacións non desfrutadas, 607,15 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 238,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito contido no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Raisin Dor, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Adrián Mosquera Hernández e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (art. 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Raisin Dor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza