Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43472

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de tres bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega, da lista de persoas suplentes.

Mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega (DOG nº 45, do 5 de marzo).

Por Resolución do 27 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, concedendo a bolsa a un total de 100 beneficiarios (DOG nº 167, do 3 de setembro), que figuran no anexo I da devandita resolución. No artigo 2 desta resolución recóllese que dado que o número de persoas matriculadas foi superior ao número de bolsas convocadas, establécese segundo o establecido no artigo 16.2.b) da resolución, unha lista de persoas suplentes que se relacionan no anexo II, formada por aquelas persoas solicitantes que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa para o caso de renuncia ou baixa dalgunha das persoas adxudicatarias.

No anexo I da Resolución do 27 de agosto de 2018 figuran dentro das 100 persoas beneficiarias da bolsa Fabiana Ambroa Ibarruri para a realización do máster de Xestión do Desenvolvemento Sustentable na Universidade de Vigo por un importe de 7.650,00 €, Luis Manuel Fernández Cerdeira para o máster de Dirección de pemes da Universidade de Vigo por un importe de 7.650,00 euros e Jesús Ferrín Soto para o máster de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela por un importe de 7.650,00 euros.

De conformidade co disposto nos artigos 11 e 16 da Resolución do 19 de febreiro de 2018, a Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno como órgano instrutor do procedemento, unha vez recibidas as renuncias á bolsa presentadas por Fabiana Ambroa Ibarruri, Luis Manuel Fernández Cerdeira e Jesús Ferrín Soto da lista de persoas beneficiarias e á vista da lista de suplentes, formulo a correspondente proposta de resolución para a concesión da bolsa ás tres primeiras persoas segundo a orde de puntuación da lista de suplentes.

Vista a lista de suplentes e á vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,

RESOLVO:

Artigo 1

Conceder a bolsa ás tres primeiras persoas da lista de suplentes e que se relacionan no anexo desta resolución para cursar os másteres que se sinalan na correspondente universidade galega, así como o importe que en cada caso se sinala.

O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada polas persoas beneficiarias nos prazos establecidos e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 20 da resolución.

Artigo 2

As persoas beneficiarias destas bolsas están obrigadas ao cumprimento do establecido no artigo 21 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos das ditas obrigacións poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total, nos termos recollidos no artigo 22 da dita resolución.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI/pasaporte

País de residencia

Máster

Universidade

Créditos

Anualidade

2017

Anualidade 2018

Importe total

1

Méndez Suárez

Yaymar

****120X

Venezuela

Dirección de pemes

UVIGO

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

2

Echavarría Rego

Rubén Rodrigo

****9526

Uruguai

Dirección Integrada de Proxectos

UDC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

3

Insuela de Almeida

Gabriela

*****3197

Brasil

Enerxía e Sustentabilidade

UVIGO

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €