Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2018 Páx. 43475

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os anos 2018 e 2019, á Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Encomenda de xestión relativa ás obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, para os anos 2018 e 2019, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima do 80% no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

– Actividade. Execución das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia. Os traballos encomendados consisten en actuacións de clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización no perfilado e acondicionamento dos residuos inertes e na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e da semente con especies pratenses. Inclúese o levantamento GPS do punto de vertedura incontrolada, reportaxe fotográfica anterior e posterior á execución e a elaboración e redacción de informes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental da Administración, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia. Os traballos encargados comenzarán o día seguinte a aquel en que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, a través da persoa designada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático como coordinadora da encarga, dea orde de inicio dos traballos, que deberán finalizar, como data límite, o 31 de decembro de 2019.

– Modalidade de financiamento. Esta proposta tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, aplicación orzamentaria 07.02.541D.601.1. Financiarase nun 80 %, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio