Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43666

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Parlamento de Galicia para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

13.6.2018

Protocolo de adhesión do Concello de Arteixo ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

21.6.2018

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.325.000

2.7.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Consello de Contas de Galicia sobre atribución de competencia de recursos contractuais.

Sen achega económica

30.7.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Coles en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

8.8.2018