BDNS (Identif.): 362682.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario
Amplíase para o exercicio 2018 o crédito establecido na partida orzamentaria 09.A1-741A-7708 en 200.000 €, para as axudas do Igape para o desenvolvemento do Plan Foexga 2017-2018, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que queda establecido do seguinte xeito: 100.000 € para o ano 2017 e 1.500.000 € para o ano 2018.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica