Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44023

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

ORDE do 6 de setembro de 2018 pola que se regula a tramitación de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, supoñen un novo escenario normativo para a consolidación da administración dixital nas administracións públicas e, polo tanto, tamén na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia. Con ela dáse continuidade ao recoñecemento legal do dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración por medios electrónicos, que xa realizaba a, actualmente derrogada, Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

O artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas establece que as administracións públicas deberán garantir que os interesados poden relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o que porán á súa disposición os canais de acceso que sexan necesarios, así como os sistemas e aplicacións que, en cada caso, se determinen.

Así, a tramitación electrónica con carácter xeral é optativa para as persoas físicas, que poderán elixir, en todo momento, se se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non. Pola contra, están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.

De acordo co establecido no artigo 66 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando a Administración nun procedemento en concreto estableza expresamente modelos específicos de presentación de solicitudes, estes serán de uso obrigatorio pola persoas interesadas.

Os cidadáns teñen que ser os primeiros e principais beneficiarios do acceso electrónico e a Administración queda obrigada a transformarse nunha administración electrónica rexida polo principio de eficacia que proclama o artigo 103 da nosa Constitución.

Por outro lado, o Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 30.1.3 atribúe á Comunidade Autónoma, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1,11 e 13 da Constitución, a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandaría.

De conformidade co Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, correspóndelle a esta propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, o que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentarias, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados na Constitución española e no propio Estatuto.

Nesta liña o Estado ten ditado normativa básica reguladora de determinados procedementos en materias nas que esta consellería ten as competencias exclusivas no marco da competencia estatal de establecemento das bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria.

Por un lado, no ámbito da gandaría e referidas á sanidade animal, atopámonos normativa que regula as inscricións no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, establecemento de normas sanitarias dentro da ordenación das explotacións cunícolas, normativa básica relativa ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG), o seu Rexistro Nacional e Recoñecemento dos/das Veterinarios/as Responsables; tamén relativa ás persoas ou entidades integradoras; ao sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e equina en España, así como programas nacionais de erradicación das enfermidades dos animais, e procedemento e requisitos da certificación veterinaria oficial para a exportación.

Así mesmo, achámonos normativa referida á seguridade alimentaria nas producións gandeiras: regulación da venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria, hixiene de pensos, así como elaboración, comercialización, uso e control dos pensos medicamentosos e normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano.

Polo que se refire ao ámbito da produción gandeira e benestar animal existe diversa normativa estatal básica referida a: establecemento de condicións básicas de recollida, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina e caprina, porcina e dos équidos; protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos; e finalmente, normas polas que se regulan a identificación e o rexistro de axentes, establecementos e contedores que interveñen no sector lácteo, e o rexistro dos movementos do leite (Letra Q).

Por último, e incluída no ámbito da sanidade e produción vexetal, existe tamén normativa estatal básica relativa aos establecementos SANDACH de fertilización e compostaxe, así como á utilización de lodos de depuración no sector agrario.

En definitiva, a regulación dos procedementos administrativos obxecto desta norma realízase en diversa normativa sectorial; a presente orde limítase a regular a súa tramitación e habilitar a presentación electrónica das correspondentes solicitudes, mediante a súa incorporación á sede electrónica da Xunta de Galicia, co obxecto de que os usuarios poidan relacionarse coa Administración con medios electrónicos.

Así pois, en cumprimento da normativa citada, un total de trinta procedementos estarán dispoñibles electronicamente, o que contribuirá a seguir afondando no impulso dunhas relacións máis áxiles, simples e fluídas entre a Xunta de Galicia e a cidadanía.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Os ditos procedementos habilitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurarán na guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012 cos seguintes códigos:

1) Rexistro Galego de Explotacións Bovinas: MR520A.

2) Rexistro Galego de Explotacións Ovinas e Caprinas: MR520B.

3) Rexistro Galego de Explotacións Avícolas: MR520C.

4) Rexistro Galego de Explotacións Cunícolas: MR520D.

5) Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Intensivas: MR520E.

6) Rexistro Galego de Explotacións Peleteiras: MR520F.

7) Rexistro Galego doutras Explotacións Gandeiras: MR520G.

8) Cualificación sanitaria de explotación cunícola: MR521A.

9) Autorización para a ampliación do prazo de colocación de marcas auriculares en gando bovino: MR521B.

10) Vacinación fronte á paratuberculose en rabaños ovino e/ou caprino: MR521C.

11) Alta/baixa de explotacións nunha ADSG: MR521D.

12) Emisión de Documento veterinario responsable: MR521E.

13) Cualificación sanitaria indemne ou oficialmente indemne da Enfermidade de Aujeszky: MR521F.

14) Exención vacinación da ceba da Enfermidade de Aujeszky: MR521G.

15) Autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento: MR521H.

16) Establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria: MR521I.

17) Comunicación de actividade/modificación de actividade/autorización en materia de hixiene de pensos: MR521J.

18) Autorización/baixa/modificación de datos de distribuidores de pensos medicamentosos: MR521K.

19) Alta/modificación/baixa no Rexistro de Establecementos SANDACH: MR520H.

20) Alta/modificación/baixa no Rexistro de Establecementos SANDACH de Compostaxe e Fertilizantes: MR520I.

21) Rexistro de Centros e Equipos de Material Xenético Autorizados: MR520J.

22) Designación como órgano habilitado: MR521L.

23) Proxecto de experimentación animal: MR521M.

24) Rexistro de Axentes Aplicación Letra Q Multiespecie: MR520K.

25) Rexistro de Contedores Aplicación Letra Q Multiespecie: MR520L.

26) Rexistro de Establecementos Aplicación Letra Q Multiespecie: MR520M.

27) Rexistro de Responsables Aplicación Letra Q Multiespecie: MR520N.

28) Rexistro Nacional de Lodos: MR520O.

29) Alta/baixa de explotacións nunha integradora: MR521N.

30) Vacinación/cese fronte á paratuberculose en rabaños ovino e/ou caprino: MR521O.

3. A regulación dos ditos procedementos está prevista na normativa europea e estatal básica á que se fai referencia nos artigos 9 a 32 desta orde, quedando circunscritos ao ámbito competencial desta consellería o desenvolvemento da súa tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa habilitación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. Nos procedementos identificados cos códigos MR521D (alta/baixa de explotacións nunha ADSG), MR521H (autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento), MR521I (establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria), MR521L (designación como órgano habilitado) e MR520O (Rexistro Nacional de Lodos), as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Neste punto, cómpre significar en relación co procedemento MR521I (establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria) que, aínda que está destinado tanto a persoas físicas como xurídicas, en cumprimento do disposto polo artigo 4 do Real decreto 544/2016, do 25 de novembro, polo que se regula a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria, a comunicación previa de actividade a que se refire o dito procedemento debe realizarse por medios electrónicos.

2. No resto dos procedementos regulados na presente orde (presentación electrónica obrigatoria/presentación electrónica e presencial) as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Documentación

1. As persoas interesadas, se é o caso, deberán achegar coa solicitude a documentación que se precisa en cada un dos formularios que se xuntan como anexos a esta orde.

2. Nos procedementos identificados cos códigos MR521D (alta/baixa de explotacións nunha ADSG), MR521H (autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento), MR521I (establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria), MR521L (designación como órgano habilitado) e MR520O (Rexistro Nacional de Lodos), todos de presentación electrónica obrigatoria, a documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. No resto de procedementos regulados nesta orde (presentación electrónica obrigatoria/presentación electrónica e presencial) a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límites establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Artigo 4. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

Nos procedementos identificados cos códigos MR520A (anexo II), MR520B (anexo III), MR520C (anexo IV), MR520D (anexo V), MR520E (anexo VI), MR520F (anexo VII), MR521A (anexo IX), MR521C (anexo XI), MR521F (anexo XIV), MR521G (anexo XV) e MR521O (anexo XXXI), ademais, consultarase automaticamente o seguinte dato:

– Pertenza a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira (ADSG).

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Nos procedementos identificados cos códigos MR521D (alta/baixa de explotacións nunha ADSG), MR521H (autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento), MR521I (establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria), MR521L (designación como órgano habilitado) e MR520O (Rexistro Nacional de Lodos), todos de presentación electrónica obrigatoria, todos os trámites administrativos do procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. No resto de procedementos regulados na presente orde (presentación electrónica obrigatoria/presentación electrónica e presencial), a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos nos procedementos identificados cos códigos MR521D (alta/baixa de explotacións nunha ADSG), MR521H (autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento), MR521I (establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria), MR521L (designación como órgano habilitado) e MR520O (Rexistro Nacional de Lodos), ao tratarse de persoas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, practicaranse por este medio exclusivamente, e deben optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

No resto de procedementos regulados nesta orde (presentación electrónica obrigatoria/presentación electrónica e presencial), as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificación só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, una opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Información do estado de tramitación

A información personalizada sobre o estado de tramitación dos procedementos, a relación dos actos de trámite realizados, a indicación do seu contido, así como a data na que foron ditados, estarán á disposición na carpeta do cidadán, con independencia da canle de presentación de solicitudes, en cumprimento do artigo 23 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 8. Resolución e silencio administrativo

No caso do procedemento MR521M proxecto de experimentación animal, o Real decreto 53/2013, do 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia, no seu artigo 33 (solicitude e autorización de proxectos) establece un prazo específico para resolver e notificar a correspondente resolución de 40 días hábiles. Este período inclúe a avaliación do proxecto, que deberá ser favorable. Nos proxectos tipo II e III, e cando estea xustificado pola complexidade ou a natureza multidisciplinaria do proxecto, o órgano competente poderá ampliar este prazo unha vez por un período adicional non superior a 15 días hábiles. A ampliación e a súa duración deben motivarse debidamente e notificaranse ao solicitante antes da expiración do período inicial.

Pola súa banda, a Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio, na súa disposición adicional terceira (silencio administrativo) establece: «En cumprimento do previsto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común [e no mesmo sentido o artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que derroga a dita norma] no procedemento de autorización de proxectos nos que se utilicen animais para experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia, o vencemento do prazo máximo para resolver, sen terse notificado resolución expresa ao interesado, entenderase como silencio administrativo negativo, agás que este conte xa coa preceptiva avaliación favorable, a partir de cuxo momento o silencio entenderase positivo».

Sección 2ª. Procedementos

Artigo 9. Rexistro Galego de Explotacións Bovinas

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo II desta orde co código de procedemento MR520A.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 10. Rexistro Galego de Explotacións Ovinas e Caprinas

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo III desta orde co código de procedemento MR520B.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 11. Rexistro Galego de Explotacións Avícolas

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulado no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo IV desta orde co código de procedemento MR520C.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 12. Rexistro Galego de Explotacións Cunícolas

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril); así como no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas (BOE núm. 154, do 26 de xuño).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo V desta orde co código de procedemento MR520D.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 13. Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Intensivas

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril), e no Real decreto 324/2000, do 3 de marzo, de ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións porcinas (BOE núm. 58, do 8 de marzo).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VI desta orde co código de procedemento MR520E.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 14. Rexistro Galego de Explotacións Peleteiras

O procedemento de alta, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están tamén regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VII desta orde co código de procedemento MR520F.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 15. Rexistro Galego doutras Explotacións Gandeiras

O procedemento de inscrición, baixa e modificación das inscricións neste rexistro, os requisitos e obrigas dos titulares, están regulados no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE núm. 89, do 13 de abril).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VIII desta orde co código de procedemento MR520G.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 16. Cualificación sanitaria de explotación cunícola

A exixencia das condicións hixiénico sanitarias mínimas que deben reunir as explotacións cunícolas está regulada no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas (BOE núm. 154, do 26 de xuño).

O modelo para solicitar as cualificacións sanitarias necesarias en cumprimento das exixencias referidas no parágrafo anterior é o que consta no anexo IX desta orde co código de procedemento MR521A.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 17. Autorización para a ampliación do prazo de colocación de marcas auriculares en gando bovino

O procedemento para a identificación e rexistro dos animais da especie bovina, así como os requisitos para autorizar a ampliación dos prazos máximos para a colocación das marcas auriculares, están regulados no Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina (BOE núm. 239, de 6 de outubro).

O modelo para solicitar a ampliación do prazo de colocación das marcas auriculares é o que consta no anexo X desta orde co código de procedemento MR521B.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 18. Vacinación fronte á paratuberculose en rabaños ovino e/ou caprino

As normas para a elaboración, planificación, coordinación, seguimento e avaliación dos programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais, que serán de obrigado cumprimento en todo o territorio do Estado, recóllense no Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación das enfermidades dos animais (BOE núm. 307, do 21 de decembro).

O modelo para solicitar autorización para a vacinación dos animais dunha explotación fronte á paratuberculose é o que consta no anexo XI desta orde co código de procedemento MR521C.

Pola súa banda, o modelo para comunicar que se procedeu á vacinación dos animais da explotación, previamente autorizada, ou que se finalizou o programa de vacinación da explotación, é o que consta no anexo XXXI desta orde co código de procedemento MR521O.

A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos especifícase nos referidos anexos.

Artigo 19. Alta/baixa de explotacións nunha ADSG

O establecemento dos procedementos de recoñecemento, mantemento e extinción como agrupación de defensa sanitaria gandeira (ASDG) das entidades asociativas agrarias, e os procedementos de recoñecemento dos/das veterinarios/as responsables no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia realízase na Orde do 6 de marzo de 2007 (DOG núm. 51, do 13 de marzo).

O modelo para formular a comunicación de alta/baixa de explotacións nunha ASDG é o que consta no anexo XII desta orde co código de procedemento MR521D.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 20. Emisión de Documento veterinario responsable

Os requisitos e procedemento de certificación veterinaria das mercadorías e produtos animais ou de orixe animal para a exportación establécense no Real decreto 993/2014, do 28 de novembro (BOE núm. 315, do 30 de decembro).

O modelo de solicitude de emisión do certificado veterinario de exportación é o que consta no anexo XIII desta orde co código de procedemento MR521E.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 21. Enfermidade de Aujeszky

Os requisitos e actuacións a levar a cabo nas explotacións, de conformidade coas bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky, establécense no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo (BOE núm. 89, do 11 de abril).

O modelo para solicitar a cualificación sanitaria dunha explotación indemne ou oficialmente indemne da Enfermidade de Aujeszky é o que consta no anexo XIV desta orde co código de procedemento MR521F.

Por outra banda, o modelo para a solicitude de autorización de exención de vacinación do cebo da Enfermidade de Aujeszky é o que consta no anexo XV desta orde co código de procedemento MR521G.

A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos especifícase nos correspondentes anexos.

Artigo 22. Autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento

Os requisitos e condicións que deben reunir os/as veterinarios/as para a súa autorización como identificadores/as dos animais equinos recóllense na Orde do 29 de marzo 2010, pola que se establecen medidas en relación co sistema de identificación dos équidos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo para a solicitude de autorización referida no parágrafo anterior é o que consta no anexo XVI desta orde co código de procedemento MR521H.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 23. Establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria

A obriga das oficinas de farmacia ou establecementos comerciais retallistas de comunicación previa á autoridade competente da comunidade autónoma en que radiquen, da actividade de venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria, así como o seu contido e requisitos, regúlase no Real decreto 544/2016, do 25 de novembro, polo que se regula a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria.

O modelo para realizar a referida comunicación previa é o que consta no anexo XVII desta orde co código de procedemento MR521I.

Artigo 24. Comunicación de actividade/modificación de actividade/autorización en materia de hixiene de pensos

A autorización de establecementos, as inscricións no Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal, así como as obrigas e dereitos dos explotadores de empresas de pensos recóllense no Regulamento (CE) 183/2005, do 12 de xaneiro, polo que se fixan requisitos en materia de hixiene dos pensos, e no Real decreto 821/2008, do 16 de maio, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene dos pensos e se establece o Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal (BOE núm. 127, do 26 de maio).

O modelo para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XVIII desta orde co código de procedemento MR521J.

A documentación necesaria para a tramitación do dito procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 25. Autorización/baixa/modificación de datos de distribuidores de pensos medicamentosos

As condicións e requisitos para a autorización, así como as obrigas dos establecementos autorizados contémplanse no Regulamento (CE) 767/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de xullo de 2009, sobre a comercialización e a utilización dos pensos, e no Real decreto 1409/2009, do 4 de setembro, polo que se regula a elaboración, comercialización uso e control dos pensos medicamentosos.

O modelo para solicitar autorización ou modificación de datos ou baixas é o que consta como anexo XIX desta orde co código de procedemento MR521K.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 26. Rexistro Establecementos SANDACH (subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano)

Os requisitos e condicións para a autorización, inscrición, modificación e baixa no Rexistro de Explotadores, Establecementos e Plantas recóllense no Regulamento (CE) 1069/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1774/2002, sobre subprodutos animais (DOUE núm. 300, do 14 de novembro de 2009), así como no Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano.

Para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior, os establecementos SANDACH deberán empregar o modelo que consta no anexo XX desta orde co código de procedemento MR520H; coa excepción dos establecementos SANDACH de plantas de compostaxe e plantas de fertilizantes para emendas do solo orgánicas, que para realizar as ditas actuacións deberán empregar o modelo que consta como anexo XXI desta orde co código de procedemento MR520I.

A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos especifícase nos referidos anexos.

Artigo 27. Rexistro de Centros e Equipos de Material Xenético Autorizados

As condicións e rexistros mínimos que deberán formalizar os responsables dos distintos establecementos regúlanse no Real decreto 841/2011, do 17 de xuño, polo que se establecen as condicións básicas de recolla, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina, caprina e porcina, e dos équidos; este real decreto aplica dentro de España unha serie de disposicións da Unión Europea que establecen as normas sanitarias aplicables ao comercio intracomunitario do material xenético das especies ovina, bovina, caprina e porcina ou dos équidos.

O modelo para solicitar a alta, baixa ou modificación no Rexistro de Centros e Equipos Dedicados á Recollida, Almacenamento ou Distribución de Material Xenético Destinado á Reprodución Animal para o Mercado Nacional ou Intracomunitario é o que consta no anexo XXII desta orde co código de procedemento MR520J.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 28. Designación como órgano habilitado

As condicións e requisitos para ser designado como órgano habilitado para realizar funcións de control e inspección de proxectos de experimentación e outros fins científicos regúlanse no Real decreto 53/2013, do 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia (BOE núm. 34, do 8 de febreiro), e normativa de desenvolvemento.

O modelo para solicitar ser designado como órgano habilitado para realizar as funcións de avaliación referidas no parágrafo anterior é o que consta como anexo XXIII desta orde co código de procedemento MR521L.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 29. Proxecto de experimentación animal

Os requisitos e condicións para a solicitude de autorización, modificación ou cancelación de proxectos que tivesen previsto realizar as persoas usuarias regúlanse no Decreto 296/2008, do 30 de decembro, de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, e polo que se crea o Rexistro dos Centros de Cría, de Subministradores e Usuarios e a Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación, de conformidade coas disposicións do Real decreto 53/2013, do 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluído a docencia.

O modelo para solicitar a autorización para a realización, modificación ou cancelación dos proxectos referidos no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXIV desta orde co código de procedemento MR521M.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Artigo 30. Sector lácteo-Letra Q

A través do Real decreto 217/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan a identificación e rexistro dos axentes, establecementos e contedores que interveñen no sector lácteo, así como o rexistro dos movementos do leite cru de vaca, implántase o sistema de rastrexabilidade do leite cru de vaca, mediante a identificación e rexistro, por parte das autoridades competentes das comunidades autónomas, de todos os axentes, establecementos e contedores implicados na produción, recollida, transporte, almacenamento e tratamento de leite cru de vaca. Creouse para isto a ferramenta imprescindible que permita establecer a trazabilidade do leite cru de vaca, o Módulo de Rastrexabilidade da «base de datos Letra Q», unha aplicación informática integrada no sistema de información Letra Q, onde están rexistrados todos os axentes e contedores do sector lácteo.

O modelo para a inscrición dos axentes, ou comunicación de modificación de datos ou baixa no Rexistro de Establecementos e Axentes é o que consta no anexo XXV desta orde co código de procedemento MR520K.

O modelo para a inscrición de contedores, ou comunicación de modificación de datos ou baixa no Rexistro de Establecementos e Axentes é o que consta no anexo XXVI desta orde co código de procedemento MR520L.

O modelo para a inscrición de establecementos, ou comunicación de modificación de datos ou baixa no Rexistro de Establecementos e Axentes é o que consta no anexo XXVII desta orde co código de procedemento MR520M.

E, finalmente, o modelo para a inscrición dos responsables, comunicación de modificación de datos ou baixa no Rexistro de Establecementos e Axentes é o que consta no anexo XXVIII desta orde co código de procedemento MR520N.

A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos especifícase nos correspondentes anexos.

Artigo 31. Rexistro Nacional de Lodos. Información obrigatoria sobre as estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) e estacións depuradoras de augas residuais industriais (EDARI)

A información que deben proporcionar as instalacións depuradoras de augas residuais (EDAR), as instalacións de tratamento dos lodos de depuración e os xestores que realizan a aplicación nas explotacións agrícolas dos lodos de depuración tratados establécense na Orde AAA/1072/2013, do 7 de xuño, sobre utilización de lodos de depuración no sector agrario.

O modelo para a comunicación dos datos e información referidos no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXIX desta orde co código de procedemento MR520O.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo. E para estes efectos, xúntanse á dita comunicación dous anexos que, segundo o caso, se deben presentar debidamente cubertos: o anexo A, relativo á información da estación depuradora de augas residuais (EDAR); e o anexo B, relativo á información anual das aplicacións de lodos; ambos de conformidade cos modelos contidos na antedita Orde AAA/1072/2013, do 7 de xuño, e incluídos nela como anexos I e IV, respectivamente.

Artigo 32. Alta/baixa de explotacións nunha integradora

A regulación das obrigas das persoas ou entidades integradoras e dos/das gandeiros/as integrados/as, no ámbito da prevención das enfermidades dos animais, así como a súa responsabilidade por infraccións realízase na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal (BOE núm. 99, do 25 de abril).

O modelo para comunicar ao órgano competente da comunidade autónoma a alta das explotacións na integradora, ou a baixa das explotacións que xa tiña integradas, é o que consta no anexo XXX desta orde co código de procedemento MR521N.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento especifícase no referido anexo.

Disposición adicional primeira. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición adicional segunda

Así mesmo, para os devanditos procedementos suprímese a exixencia da documentación que de acordo coa lexislación vixente non se pode solicitar para a súa tramitación ou á cal a Administración galega pode acceder directamente mediante a plataforma de interoperabilidade administrativa.

Disposición adicional terceira. Protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión destes procedementos e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida nas fichas dos procedementos incluídas na Guía de procedementos e servizos, nos propios formularios anexos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia nos devanditos formularios. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I

Código

Denominación

Presentación

Anexo II

MR520A

Rexistro Galego de Explotacións Bovinas

Electrónica e/ou presencial

Anexo III

MR520B

Rexistro Galego de Explotacións Ovinas e Caprinas

Electrónica e/ou presencial

Anexo IV

MR520C

Rexistro Galego de Explotacións Avícolas

Electrónica e/ou presencial

Anexo V

MR520D

Rexistro Galego de Explotacións Cunícolas

Electrónica e/ou presencial

Anexo VI

MR520E

Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Intensivas

Electrónica e/ou presencial

Anexo VII

MR520F

Rexistro Galego de Explotacións Peleteiras

Electrónica e/ou presencial

Anexo VIII

MR520G

Rexistro Galego doutras Explotacións Gandeiras

Electrónica e/ou presencial

Anexo IX

MR521A

Cualificación sanitaria de explotación cunícola

Electrónica e/ou presencial

Anexo X

MR521B

Autorización para a ampliación do prazo de colocación de marcas auriculares en gando bovino

Electrónica e/ou presencial

Anexo XI

MR521C

Vacinación fronte á paratuberculose en rabaños de ovino e/ou caprino

Electrónica e/ou presencial

Anexo XII

MR521D

Alta/baixa de explotacións nunha ADSG

Electrónica

Anexo XIII

MR521E

Emisión de Documento veterinario responsable

Electrónica e/ou presencial

Anexo XIV

MR521F

Cualificación sanitaria indemne ou oficialmente indemne da Enfermidade de Aujeszky

Electrónica e/ou presencial

Anexo XV

MR521G

Exención vacinación da ceba da Enfermidade de Aujeszky

Electrónica e/ou presencial

Anexo XVI

MR521H

Autorización de persoas veterinarias para a identificación de équidos de crianza e rendemento

Electrónica

Anexo XVII

MR521I

Establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria

Electrónica

Anexo XVIII

MR521J

Comunicación de actividade/modificación de actividade/autorización en materia de hixiene de pensos

Electrónica e/ou presencial

Anexo XIX

MR521K

Autorización/baixa/modificación de datos de distribuidores de pensos medicamentosos

Electrónica e/ou presencial

Anexo XX

MR520H

Alta/modificación/baixa no Rexistro de Establecementos SANDACH

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXI

MR520I

Alta/modificación/baixa no Rexistro de Establecementos SANDACH de Compostaxe/Fertilizantes

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXII

MR520J

Rexistro de Centros e Equipos de Material Xenético Autorizados

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXIII

MR521L

Designación como órgano habilitado

Electrónica

Anexo XXIV

MR521M

Proxecto de experimentación animal

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXV

MR520K

Rexistro de Axentes Aplicación Letra Q Multiespecie

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXVI

MR520L

Rexistro de Contedores Aplicación Letra Q Multiespecie

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXVII

MR520M

Rexistro de Establecementos Aplicación Letra Q Multiespecie

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXVIII

MR520N

Rexistro de Responsables Aplicación Letra Q Multiespecie

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXIX

MR520O

Rexistro Nacional de Lodos

Electrónica

Anexo XXX

MR521N

Alta/baixa de explotacións nunha integradora

Electrónica e/ou presencial

Anexo XXXI

MR521O

Vacinación/cese fronte á paratuberculose en rabaños de ovino e/ou caprino

Electrónica e/ou presencial

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file