Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44234

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2018.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2018

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

9.5.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación Galega de Arte e Cultura para a organización da Mostra de Arte das Letras Galegas. EGAP 2018

4.5.2018

1.000 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

21.5.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

1.6.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

27.7.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

20.8.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

23.8.2018

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

24.8.2018

52.822,4 €