Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44236

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018 pola que se convoca a xornada A corresponsabilidade parental no cesamento da convivencia da parella.

Conforme os fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar a xornada A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella, de acordo coas bases que se indican a continuación:

1. Obxectivos.

Coñecer e analizar, tanto desde a perspectiva xudicial como psicoemocional, a problemática e as consecuencias dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos/as menores: a repercusión na saúde dos/as menores, a aplicación da máis recente xurisprudencia, as necesidades que se presentan nos xulgados que tratan asuntos de familia, a actualización dos instrumentos de intervención nos conflitos familiares con novas figuras como o coordinador de parentalidade.

2. Contidos.

Nesta xornada trataranse, entre outros, os seguintes temas:

• Repercusións psicoemocionais, escolares e de saúde nos nenos e nenas e nos/nas adolescentes a causa da ruptura da parella. Factores de protección e reforzo.

• A aplicación da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre procesos de separación nos xulgados de familia, xulgados de primeira instancia e audiencias provinciais.

• O papel da Fiscalía na consolidación e desenvolvemento dunha xustiza terapéutica: instrumentos de intervención no conflito familiar.

• A experiencia nos xulgados de familia da aplicación dos instrumentos existentes nos procesos de ruptura de parella e as necesidades detectadas: a figura do coordinador parental.

3. Persoas destinatarias.

Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 23 de outubro de 2018.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

5. Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 16 de outubro de 2018.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41 e 981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

A orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da listaxe de persoas seleccionadas e prazo de presentación de alegacións.

8.1. No punto desta xornada da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/) publicarase a listaxe de persoas seleccionadas así como tamén un número adecuado de reservas no caso de que o número de solicitudes recibidas fose superior ao número de prazas.

O prazo de presentación de alegacións será de dous días naturais contados desde a súa publicación.

8.2. Transcorrido o prazo de alegacións, publicarase no punto desta xornada da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/), a listaxe definitiva de persoas admitidas nesta actividade.

9. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia.

9.1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

9.2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia deberá ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao comezo da actividade formativa. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto, poderá utilizarse, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), a dirección de correo electrónico novas.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas liñas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

9.3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa realizaranse controis de asistencia e puntualidade.

c) As faltas de asistencia:

c.1) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o especificado anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

c.2) Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

10. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

11. Certificado electrónico de asistencia.

Ao final da xornada emitirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula), a aquelas persoas inscritas cuxa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización da xornada, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública