O Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia plena desta comunidade autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, competencias que lle están atribuídas á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos termos que figuran no artigo 2 do Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia educativa, e no artigo 1 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 18 de xaneiro).
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula as ensinanzas de idiomas que se imparten nas escolas oficiais de idiomas como ensinanzas de réxime especial, sendo un dos principais obxectivos o estudo dos idiomas europeos, así como o das linguas cooficiais do Estado. Esta lei establece no artigo 59 que as ensinanzas de idiomas se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Así mesmo, o artigo 60.4 da devandita lei dispón que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.
En consonancia co anterior, o Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, fixou as exixencias mínimas do nivel básico para os efectos de certificación e o currículo básico dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 dos idiomas impartidos nas escolas oficiais de idiomas.
Así mesmo, o Decreto 81/2018, do 19 de xullo, estableceu o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tendo en conta, ademais, que a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, especifica que a Xunta de Galicia ditará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego, que é un obxectivo prioritario desta consellería, é pertinente ampliar a oferta educativa, coa creación de novas seccións dependentes das escolas oficiais de idiomas e incluír nela, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega.
Polo anteriormente exposto, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Oferta pública das escolas oficiais de idiomas
1. Facer pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2018/19, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
2. Incluír a oferta de cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que terán carácter gratuíto, e que se impartirán nas escolas oficiais de idiomas, de acordo coas directrices que estableza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo
Autorízanse as persoas titulares da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística para adoptaren todos os actos e medidas que sexan necesarios para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia |
Concello |
Código do centro |
Nome do centro |
Idiomas |
A Coruña |
A Coruña |
15023132 |
EOI da Coruña |
Alemán Árabe Chinés Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués Ruso Xaponés LAG Celga |
A Coruña |
Arteixo |
15023302 |
Sección de Arteixo IES Manuel Murguía |
Inglés |
A Coruña |
Carballo |
— |
Sección de Carballo Pazo da Cultura |
Alemán Francés Inglés |
A Coruña |
Cee |
15003224 |
Sección de Cee IES Fernando Blanco |
Inglés |
A Coruña |
Culleredo |
15005749 |
Sección de Culleredo IES Universidade Laboral |
Inglés |
A Coruña |
Melide |
15008817 |
Sección de Melide IES de Melide |
Inglés |
A Coruña |
Ferrol |
15026546 |
EOI Ferrol |
Alemán Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
A Coruña |
Cedeira |
15026376 |
Sección de Cedeira IES Punta Candieira |
Inglés |
A Coruña |
Pontes de García Rodríguez, As |
15021767 |
Sección das Pontes de García Rodríguez IES Castro da Uz |
Inglés |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
15032194 |
EOI de Santiago de Compostela |
Alemán Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
A Coruña |
Negreira |
15026391 |
Sección de Negreira IES Xulián Magariños |
Inglés |
A Coruña |
Noia |
15010812 |
Sección de Noia IES Virxe do Mar |
Francés Inglés |
A Coruña |
Ordes |
15027782 |
Sección de Ordes IES Nº1 |
Inglés |
A Coruña |
Ribeira |
15014568 |
Sección de Ribeira IES Nº1 |
Inglés |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
15027319 |
Sección de Santiago IES de Sar |
Inglés |
Lugo |
Lugo |
27015955 |
EOI de Lugo |
Alemán Chinés Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Lugo |
Sarria |
27012036 |
Sección de Sarria IES Gregorio Fernández |
Inglés |
Lugo |
Monforte de Lemos |
27016421 |
EOI de Monforte de Lemos |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Chantada |
27003151 |
Sección de Chantada IES Lama das Quendas |
Inglés |
Lugo |
Ribadeo |
27020690 |
EOI de Ribadeo |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Viveiro |
27020628 |
EOI de Viveiro |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Burela |
27013958 |
Sección de Burela IES Monte Castelo |
Inglés |
Ourense |
Ourense |
32016081 |
EOI de Ourense |
Alemán Español como lingua estranxeira Chinés Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Ourense |
O Barco de Valdeorras |
32001725 |
Sección do Barco de Valdeorras IES Lauro Olmo |
Francés Inglés |
Ourense |
O Carballiño |
32015037 |
Sección do Carballiño IES Manuel Chamoso Lamas |
Inglés |
Ourense |
Celanova |
32016625 |
Sección de Celanova IES de Celanova |
Inglés |
Ourense |
Ourense |
32008941 |
Sección de Ourense IES Eduardo Blanco Amor |
Inglés |
Ourense |
Ribadavia |
32015475 |
Sección de Ribadavia IES de Ribadavia (Edificio Abrente) |
Inglés |
Ourense |
Verín |
32013582 |
Sección de Verín IES García Barbón |
Inglés |
Pontevedra |
Pontevedra |
36018689 |
EOI de Pontevedra |
Alemán Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Pontevedra |
A Estrada |
36002359 |
Sección da Estrada IES Antón Losada Diéguez |
Inglés |
Pontevedra |
Lalín |
36004137 |
Sección de Lalín IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Francés Inglés |
Pontevedra |
Pontevedra |
36006729 |
Sección de Pontevedra IES Valle Inclán |
Inglés |
Pontevedra |
Vigo |
36018941 |
EOI de Vigo |
Alemán Chinés Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués Xaponés LAG Celga |
Pontevedra |
Cangas |
36019475 |
Sección de Cangas IES de Rodeira |
Francés Inglés |
Pontevedra |
Nigrán |
36015184 |
Sección de Nigrán IES Escolas Proval |
Inglés |
Pontevedra |
Ponteareas |
36013692 |
Sección de Ponteareas IES Val do Tea |
Inglés |
Pontevedra |
Redondela |
36016656 |
Sección de Redondela IES Pedro Floriani |
Inglés |
Pontevedra |
Tui |
36009901 |
Sección de Tui IES San Paio |
Francés Inglés Portugués |
Pontevedra |
Vigo |
36011798 |
Sección de Vigo IES Alexandre Bóveda |
Francés Inglés Italiano |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
36024598 |
EOI de Vilagarcía de Arousa |
Alemán Francés Inglés Italiano Portugués |