Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44628

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das bolsas concedidas para o grupo de rendemento ao abeiro da Resolución do 13 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2018/19.

No Diario Oficial de Galicia núm. 141, do 24 de xullo, publícase a Resolución do 13 de xullo de 2018 (DOG do 24 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2018/19, establecéndose no seu artigo 5 un prazo límite de presentación das solicitudes ata o día 24 de agosto de 2018.

Rematado o prazo de solicitudes, publícase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (deporte.xunta.gal) e comunícase ás federacións solicitantes a listaxe provisional de avalición de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da mencionada resolución de convocatoria o día 4 de setembro de 2018, e establécese un prazo de dez días para formular alegacións, emendar erros ou achegar documentación.

Rematado o prazo de alegacións e modicadas, de ser o caso, as puntuacións dos solicitantes, a comisión de selección formula a proposta de resolución definitiva.

Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola comisión de selección a que se refire o artigo 10 da Resolución do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2018/19 (DOG núm. 141, do 24 de xullo), e as propostas formuladas por esta, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas comprobando a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo con data do 18 de setembro de 2018, e vista a proposta formulada pola citada comisión de selección e, unha vez examinadas as alegacións presentadas, en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar para o uso das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sito en Pontevedra, as bolsas que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas alfabeticamente, unha vez aplicados os criterios establecidos nos artigos 19, 21, 23 e 24 das bases reguladoras do procedemento.

Segundo. Denegar o outorgamento das bolsas ás solicitudes que se recollen no anexo II desta resolución, ordenadas alfabeticamente, por non obteren a condición de beneficiario con base no establecido nos artigos 19, 21, 23 e 24 das bases reguladoras do procedemento.

Terceiro. Estas listaxes expoñeranse tamén na páxina web http://deporte.xunta.gal/.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe de bolseiros de rendemento admitidos
para as instalacións do CGTD (Pontevedra)

a) Bolsas de residente 2.

Deportista

Federación

Praza

Nova/renova

1

Andreu Smart, Elena

Bádminton

Residente 2

Renova

2

Barreiro Hermello, David

Piragüismo

Residente 2

Renova

3

Cadilla Acevedo, Tecla

Judo

Residente 2

Renova

4

Da Costa Piñeiro, Raquel

Piragüismo

Residente 2

Renova

5

Fernández Freire, Iván

Piragüismo

Residente 2

Renova

6

Graña Alonso, Pablo

Piragüismo

Residente 2

Renova

7

Serrat Seoane, Antonio

Tríatlon

Residente 2

Renova

b) Bolsas de externo 2.

Deportista

Federación

Praza

Nova/renova

1

Aramburu González, Leyre

Atletismo

Externo 2

Nova

2

Barbado Fernández, Miguel

Bádminton

Externo 2

Nova

3

Brea Filloy, Manuel

Bádminton

Externo 2

Renova

4

Cañibano de Celis, Elena

Judo

Externo 2

Renova

5

Carbón Castro, Ana

Bádminton

Externo 2

Renova

6

Castaño García, Inés

Tríatlon

Externo 2

Renova

7

Chamosa Dacasa, Antía

Atletismo

Externo 2

Renova

8

Chamosa Dacasa, Daniel

Atletismo

Externo 2

Renova

9

García García, Pablo

Loita

Externo 2

Renova

10

García Martínez, Iván

Taekwondo

Externo 2

Renova

11

García Vidal, Yeray

Piragüismo

Externo 2

Renova

12

Gómez Mesías, Alba

Natación

Externo 2

Renova

13

Gonsalves, Jesús Antonio

Loita

Externo 2

Renova

14

Lalín Canda, Noelia

Loita

Externo 2

Renova

15

Muzas Fernández, Álvaro

Judo

Externo 2

Renova

16

Nogueira Castro, Alejandro

Bádminton

Externo 2

Renova

17

Pampím Blanco, Nerea

Loita

Externo 2

Renova

18

Pereira Amorín, Brais

Judo

Externo 2

Renova

19

Pérez Touriño, Lydia

Loita

Externo 2

Renova

20

Rey López, Mario

Piragüismo

Externo 2

Renova

21

Rodríguez Huertas, Iria

Tríatlon

Externo 2

Renova

22

Rodríguez Martínez, Enrique

Bádminton

Externo 2

Renova

23

Romero González, Adrián

Judo

Externo 2

Renova

24

Sieiro Barreiro, Carla

Piragüismo

Externo 2

Renova

25

Silva Vieira, Francisco

Piragüismo

Externo 2

Renova

26

Vilas Vidal, María

Natación

Externo 2

Nova

c) Bolsas de elite.

Deportista

Federación

Praza

Nova/renova

1

Alarza Vicente, Fernando

Tríatlon

Elite

Renova

2

Álvarez Yates, Tania

Piragüismo

Elite

Renova

3

Bajo Borlán, Laura

Judo

Elite

Renova

4

Bernabeu Avomo, María

Judo

Elite

Renova

5

Naveiro Parada, Elena

Piragüismo

Elite

Renova

6

Okutu Kouleitio, Jean Marie

Atletismo

Elite

Renova

7

Pereira da Ponte, Solange Andreia

Atletismo

Elite

Renova

8

Portela Rivas, Teresa

Piragüismo

Elite

Renova

9

Rodríguez Gacio, Susana

Tríatlon

Elite

Renova

10

Romero Fraga, Diego

Piragüismo

Elite

Renova

11

Campos García, Manuel Antonio

Piragüismo

Elite

Renova

Os beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación (facer a matrícula no CGTD); transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderanse desistidos da solicitude formulada.

ANEXO II

Listaxe de bolseiros de rendemento excluídos
para as instalacións do CGTD (Pontevedra)

Deportista

Federación

Praza

Nova/renova

Motivo

1

Alves Estévez, Brais

Bádminton

Externo 2

Nova

d

2

Andrade Budiño, Gaspar

Natación

Residente 2

Renova

f

3

Arias Viéitez, Jaime

Atletismo

Externo 2

Renova

d

4

Beloso Abilleira, Martiño

Piragüismo

Externo 2

Nova

d

5

Brea Abreu, Joselyn

Tríatlon

Elite

Renova

d

6

Carrera Costas, Martín

Tríatlon

Externo 2

Nova

d

7

Castaño García, Carla

Tríatlon

Externo 2

Nova

d

8

Dios Ríos, Cristóbal

Tríatlon

Elite

Renova

d

9

Forques, Romanic

Tríatlon

Residente 2

Nova

d

10

Fraga Souto, José Antonio

Piragüismo

Residente 2

Nova

d

11

Fraga Souto, José Antonio

Piragüismo

Externo 2

Nova

d

12

García Vidal, Miriam

Taekwondo

Residente 2

Renova

d

13

García Vidal, Miriam

Taekwondo

Externo 2

Renova

d

14

González Quintáns, Damián

Piragüismo

Externo 2

Nova

d

15

Graña Blanco, Óscar

Piragüismo

Elite

Renova

d

16

Iglesias Rodríguez, Gustavo

Tríatlon

Elite

Renova

d

17

Martínez Castillo, Junior

Taekwondo

Residente 2

Renova

d

18

Martínez Castillo, Junior

Taekwondo

Externo 2

Renova

d

19

Martínez Novoa, Miguel

Natación

Externo 2

Nova

d

20

Novás Barral, Emilio

Atletismo

Externo 2

Nova

d

21

Ortiz Benito, Aarón

Tríatlon

Elite

Nova

d

22

Prieto Espiño, Brais

Atletismo

Externo 2

Nova

d

23

Sánchez Sánchez, José Manuel

Piragüismo

Elite

Renova

d

24

Villar Varela, Carmen

Piragüismo

Externo 2

Nova

d

Motivo da non concesión da bolsa:

a

Non presentou alegación á proposta de resolución.

b

Non cumpre os requisitos académicos.

c

Non obtén «apto» na análise médica.

d

Non cumpre as bases da convocatoria.

e

Corrección de resultados deportivos.

f

Renuncia á bolsa concedida.