Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44805

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de setembro de 2018 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18 convocados pola Orde do 27 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo).

A Orde do 27 de febreiro de 2018 (DOG do 15 de marzo) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18 establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2017/18, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a súa publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación de premios extraordinarios de bacharelato correspondentes

ao curso 2017/18

Sol.

Apelidos e nome

Cod. centro

Centro estudos

Importe (€)

21563

Beloso Calvar, Ana María

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

1.000

21919

Ben Arribí, Carlos

36006729

IES Valle-Inclán

1.000

22010

Carballal Barca, Ángela

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

21903

Comesaña Cayetano, Hernán Miguel

36011567

IES Castelao

1.000

21502

Diz Ferreira, Eva

36010903

CPR Plurilingüe Apostol Santiago

1.000

22208

Fraga Cuña, Irene

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000

21653

Gavilán Suárez, Paula

15023302

IES Manuel Murguía

1.000

21659

González Santos, Alejandro

15014568

IES Nº 1

1.000

21511

Lamas Fernández, Claudia

15026455

IES Terra de Trasancos

1.000

22184

López Vázquez de Parga, Pedro

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

1.000

22330

Pavón Souto, Carmen

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

1.000

21614

Paz Prieto, Hugo

15006791

IES Saturnino Montojo

1.000

21864

Pereira Angueira, Pablo

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

22002

Pereira Chapela, Martín

36019463

IES Johan Carballeira

1.000

21584

Recouso Ferreiro, Alejandro

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

1.000

21524

Salvado Vigo, Enrique

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

1.000

21878

San Martín Suárez, Lara

36006729

IES Valle-Inclán

1.000

21830

Sanjuán Casanova, Iria

15006742

IES Concepción Arenal

1.000

21880

Vidal Fernández, Pablo

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

1.000

21532

Vidal Zhukova, Alexander

36018379

IES A Xunqueira II

1.000