Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44935

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 30 de abril de 2018, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde do 30 de abril de 2018 (DOG núm. 98, do 24 de maio), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade A do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para ampliar a súa formación no estranxeiro con posibilidade de retorno, mediante o financiamento dun contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (en diante EUA) para o programa de bolsas da Xunta de Galicia-Fulbright, nesta convocatoria ata dez persoas investigadoras posdoutorais da modalidade A contratadas polas universidades do SUG que desenvolvan os dous anos de estadía en EUA terán a condición de bolseiras Fulbright, e contarán co apoio da Comisión Fulbright.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 do anexo I os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade A do Programa de apoio á etapa posdoutoral.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Gain, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo I da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 10 da orde de convocatoria, que asignou ata un máximo de 5 puntos a aquelas solicitudes que acadaron a puntuación mínima indicada no artigo 5 do anexo I, en función da pertenza da persoa candidata a un grupo, equipo de investigación, agrupación estratéxica, unidade de excelencia ou centro dos definidos no mesmo artigo 10. A comisión de selección elaborou un informe para os órganos instrutores no que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e as listas de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á persoa titular da Presidencia da Gain, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da comisión de selección reunida o día 13 de setembro de 2018, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade A de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 30 de abril de 2018 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I, no que se reflicten tamén as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG que obteñen a condición de bolseiras Fulbright.

Segundo. Establecer dúas listas de agarda, unha por cada órgano instrutor, que se inclúen como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 10. Nestas listas figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda, pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 5 do anexo I da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 16 de outubro de 2018, agás para as persoas non comunitarias, que poderán asinar o contrato ata o 30 de novembro de 2018.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 14 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 45 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que a anualidade de 2021 se integrará no novo plan de financiamento para os anos seguintes:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

09.40.561B.444.0

UDC

4

13.751,11

180.400,00

177.404,44

145.244,44

516.800,00

09.40.561B.444.0

USC

28

94.103,11

1.214.320,00

1.195.505,78

1.016.711,11

3.520.640,00

09.40.561B.444.0

UVIGO

13

43.034,22

549.629,78

554.051,56

472.044,44

1.618.760,00

Total

45

150.888,44

1.944.349,78

1.926.961,78

1.634.000,00

5.656.200,00

Demais entidades indicadas no artigo 2: 6 axudas.

De acordo co establecido no artigo 20 das bases da convocatoria e a vinculación de créditos que rexe para as axencias conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, os créditos da Gain adecuáronse á natureza xurídica das entidades beneficiarias. En consecuencia, os ditos créditos teñen a seguinte distribución:

Aplicación orzamentaria

Entidades

Axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

2

6.733,34

86.674,66

78.649,78

72.622,22

244.680,00

09.A3.561A.403.0

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

1

3.366,67

43.500,00

42.822,22

36.311,11

126.000,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

2

6.408,00

79.680,00

78.649,78

72.622,22

237.360,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

1

3.366,67

43.500,00

42.822,22

36.311,11

126.000,00

Total

6

19.874,68

253.354,66

242.944,00

217.866,66

734.040,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Gain, no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación, e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Román Rodríguez González Francisco Conde López

Conselleiro de Cultura, Educación Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

e Ordenación Universitaria e Presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidades do SUG

Universidade da Coruña.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Titulación do SUG?

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Puntuación

ED481B 2018/053

UDC

Cid

Montoya

Miguel

******92D

Si

Enxeñaría e Arquitectura

3

3

89,5

ED481B 2018/045

UDC

López

Salas

José Germán

******40A

Si

Ciencias

2

2

88

ED481B 2018/046

UDC

Moncunill

Solé

Blanca

******22Z

Non

Ciencias

2

2

79,57

ED481B 2018/048

UDC

Puente

Castelo

Luis Míguel

******85S

Si

Artes e Humanidades

2

2

68

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Titulación do SUG?

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Puntuación

ED481B 2018/007

USC

Casanova

González

Noelia

******05S

Si

Ciencias

2

2

100

ED481B 2018/085

USC

Cal

González

Jacobo

******69P

Non

Ciencias

2

2

94,5

ED481B 2018/029

USC

Castro

Redondo

Rubén

******70K

Si

Artes e Humanidades

2

1

94

ED481B 2018/050

USC

Seoane

Collazo

Patricia

******06L

Si

Ciencias da Saúde

3

3

92,25

ED481B 2018/055

USC

Maneiro

Rey

María

******74L

Si

Ciencias

2

2

92

ED481B 2018/016

USC

Alcolea

Gracia

Marta

******31A

Non

Artes e Humanidades

2

2

90,5

ED481B 2018/036

USC

Sampredro

Mella

María Carmen

******28Q

Si

Artes e Humanidades

2

2

89,4

ED481B 2018/017

USC

Capson

Tojo

Gabriel

******56S

Si

Enxeñaría e Arquitectura

3

3

89

ED481B 2018/006

USC

Rodríguez

Cano

Rubén Agustín

******67J

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

87,5

ED481B 2018/091

USC

García

Souto

Daniel

******72D

Si

Ciencias

2

2

87,4

ED481B 2018/044

USC

Porteiro

Couto

Begoña

******13L

Si

Ciencias da Saúde

2

2

87,12

ED481B 2018/088

USC

Martínez

Ballesteros

Víctor Hugo

******95E

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

1

86,2

ED481B 2018/008

USC

Salas

Sánchez

Aarón Ángel

******79V

Si

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

83

ED481B 2018/014

USC

Carrero

Pazos

Miguel

******38Z

Si

Artes e Humanidades

2

2

81,2

ED481B 2018/024

USC

Pereira

Ares

Noemí

******05G

Si

Artes e Humanidades

2

2

80,8

ED481B 2018/001

USC

Negri

 

Manuel

******80K

Si

Artes e Humanidades

1

2

80,5

ED481B 2018/009

USC

Rial

Hermida

María Isabel

******07B

Si

Ciencias da Saúde

1

1

79,3

ED481B 2018/013

USC

Abuín

Mosquera

José Manuel

******28D

Si

Enxeñaría e Arquitectura

1

1

77,2

ED481B 2018/004

USC

Cebreiro

Ares

Francisco

******51T

Si

Artes e Humanidades

2

2

77

ED481B 2018/027

USC

Conde

Amboage

Mercedes

******38V

Si

Ciencias

2

2

76,5

ED481B 2018/002

USC

Souto

Pereira

Sandra

******41W

Si

Ciencias da Saúde

2

2

76,25

ED481B 2018/041

USC

Serrano

Losada

Mario

******47N

Si

Artes e Humanidades

2

2

75,2

ED481B 2018/084

USC

Zapata

Huamaní

Guillermo Andrés

******52Z

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

2

2

74,4

ED481B 2018/070

USC

De Azevedo

Gomes

Ana Manuela

******22J

Si

Ciencias da Saúde

2

2

70,5

ED481B 2018/043

USC

Bermúdez

Beloso

Mariña

******80P

Si

Artes e Humanidades

2

2

70

ED481B 2018/031

USC

González

Villar

Alberto Jacobo

******53P

Si

Ciencias da Saúde

1

2

69,25

ED481B 2018/018

USC

García

Menéndez

Vanesa

******75B

Non

Ciencias da Saúde

2

2

69

ED481B 2018/047

USC

Montero

Ferrer

Carmen

******48P

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

68

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Titulación do SUG?

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Puntuación

ED481B 2018/060

UVIGO

Sánchez

Vázquez

Pablo Breogán

******69H

Si

Enxeñaría e Arquitectura

2

3

93

ED481B 2018/069

UVIGO

Eiras

Barca

Jorge

******56E

Si

Ciencias

3

3

91,5

ED481B 2018/071

UVIGO

Flórez

Fernández

Noelia

******74D

Si

Enxeñaría e Arquitectura

1

1

90,5

ED481B 2018/062

UVIGO

Vázquez

Domínguez

Marta

******79V

Si

Ciencias

1

1

89,5

ED481B 2018/058

UVIGO

Plaza

Morlote

Maider

******51H

Si

Ciencias

2

2

87,5

ED481B 2018/077

UVIGO

Hernando

Morales

Víctor

******93B

Si

Ciencias

2

2

86,7

ED481B 2018/075

UVIGO

Cerqueira

Cancelo

Beatriz

******92C

Si

Ciencias

2

2

85,8

ED481B 2018/074

UVIGO

Soto

Oñate

David

******65W

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

78,4

ED481B 2018/066

UVIGO

Rodríguez

Vila

Alfonso

******11V

Si

Ciencias

2

2

77

ED481B 2018/059

UVIGO

Rodríguez

Flores

María Shantal

******98S

Si

Ciencias

1

2

71,4

ED481B 2018/073

UVIGO

Pérez

Paz

Alicia

******02A

Si

Ciencias

2

2

69

ED481B 2018/095

UVIGO

Fernández

González

Raquel

******27W

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

1

1

68,5

ED481B 2018/096

UVIGO

Meijide

Fernández

Jéssica

******80V

Si

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

67,5

Destas solicitudes obteñen a condición de bolseiras Fulbright as seguintes:

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Titulación do SUG?

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Puntuación

ED481B 2018/069

UVIGO

Eiras

Barca

Jorge

******56E

Si

Ciencias

3

3

91,5

ED481B 2018/053

UDC

Cid

Montoya

Miguel

******92D

Si

Enxeñaría e Arquitectura

3

3

89,5

ED481B 2018/006

USC

Rodríguez

Cano

Rubén Agustín

******67J

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

87,5

ED481B 2018/074

UVIGO

Soto

Oñate

David

******65W

Si

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

78,4

Demais entidades do artigo 2 da convocatoria.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Total

IN606B-2018/007

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

Samayoa

López

Luis Fernando

******77N

Ciencias

2

2

97,3

IN606B-2018/004

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Abella

Cajigal

Vanessa

******80A

Ciencias da Saúde

1

1

90,5

IN606B-2018/010

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Pereiro

González

Patricia

******57R

Ciencias

2

1

87,5

IN606B-2018/009

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Almécija

Pereda

Clara

******41E

Ciencias

2

2

76,8

IN606B-2018/008

Fundación Profesor Novoa Santos

López

Díaz

María

******29T

Ciencias da Saúde

2

2

74,5

IN606B-2018/006

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Roel

Sánchez

María

******75Y

Ciencias da Saúde

2

2

72,925

ANEXO II

Listas de agarda

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Total

ED481B 2018/068

UVIGO

Blanco

Cartagena

Andreu

******34G

Ciencias

2

2

79,4

ED481B 2018/025

USC

Benítez

Trinidad

Carlos

******69G

Artes e Humanidades

1

1

75,5

ED481B 2018/103

UVIGO

Sacha

 

Petr

******13G

Ciencias

2

2

74,5

ED481B 2018/063

UVIGO

Méndez

Quintás

Eduardo

******87Z

Artes e Humanidades

1

1

74

ED481B 2018/023

USC

Vargas

Osorio

Zulema

******90C

Ciencias

2

2

69

ED481B 2018/011

USC

Busto

Ulloa

Saray

******43G

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

66,5

ED481B 2018/076

UVIGO

Forján

Castro

Rubén

******49C

Ciencias

1

1

66,36

ED481B 2018/093

UVIGO

Bao

Fente

María Concepción

******26S

Artes e Humanidades

1

1

66

ED481B 2018/010

USC

Karimjanov

 

Ikboljon

******08S

Ciencias

2

2

65,5

ED481B 2018/098

UVIGO

Varela

Rodríguez

Rubén

******86Q

Ciencias

1

1

65,5

ED481B 2018/033

USC

Costa

Besada

María Alicia

******58T

Ciencias da Saúde

2

2

65,18

ED481B 2018/082

UDC

Fernández

Pernas

Pablo

******34D

Ciencias da Saúde

2

2

63,425

ED481B 2018/049

UDC

Ramadan Farrag AbdelHafez

 

Yousuf

******64M

Ciencias

2

2

62,5

ED481B 2018/005

USC

Romaus

Sanjurjo

Daniel

******50Y

Ciencias da Saúde

1

1

61,5

ED481B 2018/042

UDC

Monaco

 

Leidamaria

******50P

Artes e Humanidades

2

2

60

Demais entidades do artigo 2 da convocatoria.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona

1º ano

Zona

2º ano

Total

IN606B-2018/011

Fundación Profesor Novoa Santos

Álvarez

Fraga

Laura

******47D

Ciencias da Saúde

3

3

72,75

IN606B-2018/001

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

López

Villamor

Adrián

******32X

Ciencias

1

1

62,8