Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44956

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade das actas de entrega dos cambios de titularidade de estradas formalizados mediante decreto entre a Axencia Galega de Infraestruturas e distintos concellos desde a entrada en vigor do Regulamento xeral de estradas de Galicia.

O artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, no seu punto 8, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación das actas de entrega dos cambios de titularidade asinados coas entidades locais para os efectos do seu coñecemento por terceiros. En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación das actas de entrega dos cambios de titularidade das estradas asinados entre a Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) e distintas entidades locais e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Actas de entregas de cambios de titularidade asinados

Acta de entrega

Data acta de entrega

Acta de entrega ao Concello de Vilasantar da totalidade da estrada AC-194, desde o pq 0+000 ao pq 1+250

18.4.2017

Acta de entrega ao Concello de Oleiros do treito da estrada AC-173 Perillo (rotonda de Santa Cristina)-Mera (paseo marítimo) comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 (rotonda de Santa Cristina) e 4+460 (intersección coa rúa Río Seixo), cunha lonxitude de 4,46 km

11.10.2017

Acta de entrega ao Concello de Camariñas de todo o dominio público, a excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada AC-432 situado entre os puntos quilométricos 13+850 e 14+960

28.12.2017

Acta de entrega ao Concello de Vilamarín do resto da estrada OU-901, situado na súa marxe dereita entre os puntos quilométricos 5+630 e 6+190

26.2.2018

Acta de entrega ao Concello de Redondela da travesía interior de Redondela (antiga N-550) e os seus ramais de enlace coa estrada N-550

19.3.2018

Acta de entrega ao Concello de Marín do treito da estrada PO-546 situado entre o pq 5+060 (límite municipal entre o Concello de Marín e o Concello de Pontevedra) e o pq 7+040 (comezo da estrada PO-551 no pavillón da Escola Naval de Marín)

24.4.2018

Acta de entrega ao Concello de Sanxenxo de todo o dominio público, coa excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada PO-308 situado entre os puntos quilométricos 16+050 e 17+320 (intersección en glorieta coa PO-504)

8.5.2018

Acta de entrega ao Concello de Mugardos do treito da estrada AC-133 (Fene (N-651)-Mugardos situado entre os puntos quilométricos 10+140 e 10+950

16.5.2018

Acta de entrega ao Concello da Estrada de todo o dominio público do resto da estrada PO-841 (Santiago de Compostela (SC-11)-límite provincia-A Estrada) entre os puntos quilométricos 19+760 e 19+860

25.5.2018

Acta de entrega ao Concello de Pontevedra do treito da estrada PO-546 situado entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+590 (paso superior do ferrocarril Pontevedra-porto de Marín)

21.6.2018

Acta de entrega ao Concello de Cee da estrada autonómica AC-197: AC-550-Ameixenda-AC-550

13.7.2018

Acta de entrega á Deputación Provincial da Coruña duns ramais de conexión do enlace da autovía AG-64, no contorno do pq 36+730 coas estradas DP-7001, DP-7003 e o polígono industrial dos Airíos

18.9.2018

Concello de Vilasantar: totalidade da estrada AC-194-desde o pq 0+000 ao pq 1+250.

missing image file

Concello de Oleiros: treito da estrada AC-173 Perillo (rotonda de Santa Cristina)-Mera (paseo Marítimo) comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 (rotonda de Santa Cristina) e 4+460 (intersección coa rúa Río Seixo), cunha lonxitude de 4,46 km.

missing image file

Concello de Camariñas: todo o dominio público, a excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada AC-432 situado entre os puntos quilométricos 13+850 e 14+960.

missing image file

Concello de Vilamarín: resto da estrada OU-901, situado na súa marxe dereita entre o pq 5+630 e o pq 6+190.

missing image file

Concello de Redondela: travesía interior de Redondela (antiga N-550) e os seus ramais de enlace coa estrada N-550.

missing image file

Concello de Marín: treito da estrada PO-546 situado entre o pq 5+060 (límite municipal entre o Concello de Marín e o Concello de Pontevedra) e o pq 7+040 (comezo da estrada PO-551 no pavillón da Escola Naval de Marín).

missing image file

Concello de Sanxenxo: todo o dominio público, coa excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada PO-308 situado entre o pq 16+050 e o pq 17+320 (intersección en glorieta coa PO-504).

missing image file

Concello de Mugardos: treito da estrada AC-133 (Fene (N-651)-Mugardos situado entre os puntos quilométricos 10+140 e 10+950.

missing image file

Concello da Estrada: todo o dominio público do resto da estrada PO-841 (Santiago de Compostela (SC-11)-límite provincia-A Estrada) entre os puntos quilométricos 19+760 e 19+860.

missing image file

Concello de Pontevedra: treito da estrada PO-546 situado entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+590 (paso superior do ferrocarril Pontevedra-porto de Marín).

missing image file

Concello de Cee: da estrada autonómica AC-197: AC-550-Ameixenda-AC-550.

missing image file

Deputación Provincial da Coruña: ramais de conexión do enlace da autovía AG-64, no contorno do pq 36+730, coas estradas DP-7001, DP-7003 e o polígono industrial dos Airíos.

missing image file