Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44969

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 24 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, proxecto 2015 00005, crédito orzamentario 991.552,00 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2018, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora

das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento

Solicitante

Descrición da actuación

Importe subvención €

Martín Rivera Búa

Modernización das instalacións

5.078,73

Leidiz, S.L.

Proxecto de renovación e modernización de instalacións turísticas en camping: mellora da climatización, instalación 15 balizas con diferenciais e led, cámara de frío, renovación bancadas e baranda exterior en bungalows, nivelación rúas de acceso ás parcelas, engadido nova terra nas parcelas, renovación de cablaxe eléctrica e iluminación nas parcelas

22.940,35

Ana Isabel Fernández Guerreiro

Ampliación establecemento hoteleiro (antiga casa de turismo rural): ampliación de 2 cuartos no baixo cos seus respectivos baños e vestiarios e aseos do persoal

19.742,10

Restauración do Sar, S.L.

Remodelación e acondicionamento da zona de bar-cafetaría

9.009,70

Camping Os Fieitás, S.L.

Renovación e modernización de instalacións e renovación dos equipamentos mobles

2.392,57

María Luz López Calviño

Actuacións relativas ao embelecemento da contorna e de mellora de climatización

23.822,10

Hotel El Puente de Sanxenxo, S.L.

Mellora de infraestruturas: modernización e obtención Q calidade

33.256,55

Camping Coroso, S.L.

Reforma interior para a modernización dos 6 bungalows do camping: cambio do mobiliario de baños e cociñas, actualización de carpintarías e illamento, e mellora nos accesos

30.458,70

Ponte Ribeira, S.L.

Instalación de carpa exterior con iluminación e protección contra incendios

35.000,00

Hotel Apartamentos Cons da Garda, S.L.

Creación dun spa e implementación de medidas de aforro enerxético

28.674,80

Promotora de Hostelería Gallega, S.L.

Renovación e modernización das instalacións de restaurante, cafetaría e climatización cuartos

28.783,65

Inversiones Marapa, S.L.

Mellora da infraestrutura interna: substitución da climatización, renovación de mobiliario, iluminación e pintado cuarto 1º e 2º andar, reordenación de prazas garaxe, cortinas e wifi

35.000,00

Hermida Manzaneque, S.L.

Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento

4.115,45

Hotelera Pontevedresa, S.L.

Mellora da accesibilidade de espazo exterior, e mellora e modernización dun dos patios interiores

17.650,51

Manuel Salgueiro Arribas

Mellora da infraestrutura hoteleira: acondicionamento dun galpón para transformalo nun espazo para a acollida de animais de compañía, peche da área de piscina, ampliación da área de praia da piscina, construción dun pequeno estanque, renovación da central de incendios, adquisición de minibares, secadores de pelo e cambia cueiros

13.549,34

Ciudad de Vigo, S.L.

Mellora accesibilidade e eliminación barreiras arquitectónicas en 8 cuartos

30.000,00

Hotel Susuqui, S.L.U.

Adquisición de bens de equipamento

8.649,14

Gestión Hotelera Noroeste, S.L.

Renovación equipamento mobiliario

30.000,00

Hotel Rotilio, S.L.

Mellora condicións accesibilidade e supresión barreiras arquitectónicas e climatización

7.830,49

Ana Belén Camiña Vázquez

Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións (cambio de bañeiras por duchas, melloras en 3 cuartos e no ático) e embelecemento da contorna (revestimento de muro, aparcamento e pavimento)

13.592,74

José Luis Lodos Ferreiro

Obras de mellora do contorno: pavimento para o acceso a un museo (en rehabilitación), adecuación do contorno do museo (axardinamento, parque infantil, camiños de acceso), iluminación interior e exterior do museo, e caldeira de biomasa

29.737,57

Carlos Cortés Vaz

Aforro enerxético e renovación das instalacións: pechaduras electrónicas, substitución de portas, traballos eléctricos e iluminación, chan laminado, mobiliario, renovación alarma de incendios

24.942,66

Hermanos Liñares Bar y otro, S.C.

Reforma da cociña do hotel e modernización das paredes dos corredores

8.849,46

Hotel Rompeolas, C.B.

Melloras do centro de traballo: rampa de acceso á entrada hotel, reforma 14 baños, colocación de 8 anteparos de separación da terraza exterior nos cuartos do 1º e 2º andar, colocación dunha alfombra en corredores, colocación dun canlón pola parte traseira do hotel, instalación dunha rede inalámbrica wifi, mellora da instalación de ACS

23.050,77

Josefa Souto Sanmartín

Reformas de mellora de apartamentos turísticos (obras)

11.286,67

Dolores Vázquez Vázquez Comunidade de Herdeiros

Renovación e modernización das instalacións

30.000,00

Airiños do Mar, S.L.

Proxecto de mellora das infraestruturas para incremento de categoría: intervención de adecuación funcional en planta, primeira, segunda, terceira e cuarta (plantas cuartos) para acondicionar o actual hotel de 2** a un hotel de 3***

30.000,00

Hotel Caribe Sanxenxo Playa A Lanzada, S.L.

Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras. Instalación de ascensor

12.513,00

Sara Rodiño Padín

Reforma para mellorar o acceso e gozo de instalacións a persoas con mobilidade reducida

19.300,00

Alvarella Ecoturismo, S.L.

Instalación fotovoltaica para alimentación eléctrica de bomba de calor; embelecemento do contorno

5.359,50

Center Coruña Hoteles, S.L.

Instalación dun ximnasio, pintura de corredores, substitución iluminación fluorescente a led, instalación contadores de enerxía-clima, substitución de armarios

24.942,65

Parrillada Villanueva e Hijos, S.L.

Obras de adaptación dos aseos para discapacitados e mellora da cuberta do edificio do hotel

5.926,50

Casagrandedafervenza, S.L.

Modernización e mellora de establecemento turismo rural e restaurante: grupo electróxeno, electrodomésticos, mobiliario, rotulación e sinalética

12.036,42

Antonio Reimundo Reimundo

Transformación de 2 locais en 2 apartamentos de 35 m2

18.254,69

Jacobo Lorenzo Gay

Reforma de cuartos segundo andar hotel (supresión de barreiras arquitectónicas en baños e renovación de equipamento e mobiliario), renovación de zonas comúns, integración terraza como espazo polivalente, instalación paneis solares para ACS

27.709,82

Node, S.L.

Ampliación e reforma centro spa

30.000,00

Cehosga Inversiones y Servicios, S.L.

Remodelación de 10 cuartos correspondentes ao andar 5º do hotel denominado como Francisco II (albañilaría, fontanaría, electricidade, pintura, decoración e mobiliario)

30.000,00

Gestión Hotelera Noroeste, S.L.

Renovación equipamento mobiliario

30.000,00

Pazo do Río, S.L.

Mellora do contorno orientada á accesibilidade

10.358,37

Humogesi, S.A.

Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade en baños (baños de recepción e dos cuartos 501 e 401) e ascensores

23.018,09

Hotel Carlos I, S.A.

Reforma de 8 cuartos para mellora das condicións de accesibilidade

20.569,63

Termas de Cuntis, S.L.

Obra de mellora da accesibilidade en baños de 20 cuartos, colocación de barandas en escaleiras e corredores e cambio de ascensor por motivos de accesibilidade

29.658,34

Hotel Bahía de Vigo, S.A.

Reforma estética hall

10.839,45

Jaime Francisco José Martínez Alonso

Renovación das instalacións: 12 baños, terraza, colchóns e mobiliario

17.069,93

Hotel A Veiga, S.L.

Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento

7.836,00

Alfonso Leiro, S.L.

Renovación de equipamentos e adecuación de nova zona de aparcamento do hotel

8.936,40

Turisbaxe, S.L.

Instalación de contras en ventás e renovación de mobiliario nos cuartos

3.591,98

Mónica López Castedo

Renovación equipamentos colchóns, almofadas, fundas

928,51

Apartamentos Adeda, S.L.

Renovación de sofás-cama

1.236,00

Lino Vigo, S.L.

Mellora integral para incremento de categoría (instalación LED, instalación climatización, instalación reprodutores musicais e renovación tv, melloras de impermeabilización)

25.858,39

Amelia Beatriz Barros Padín

Mellora de condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas

14.760,56

Hotel Ego, S.L.

Reposición de ventás, asentos e alfombras situados na recepción do hotel, secadores de pelo, acondicionamento de aparcadoiro de bicicletas

9.692,05

Cristina Torviso Berdeal

Almacén para lavadora e secadora, instalación de parque infantil, 3 conxuntos de colchóns e base tapizada

3.936,00

Estripeiro, S.L.

Montaxe equipamentos climatización

21.476,45