Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45083

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas

no segundo cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Moraña para a construción dunha senda peonil na estrada PO-226

47.793,67

5.6.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Forcarei para o financiamento e execución da mellora da accesibilidade e seguridade viaria na travesía da N-541 en Soutelo de Montes

593.054,14

15.6.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas extracurriculares do estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

0,00

19.6.2018

Convenio específico de colaboración entre as comunidades autónomas de Galicia e de Castela e León para a renovación do firme da estrada OU-124, que forma parte do itinerario que comunica a localidade de Porto coa estrada N-525, e a súa posterior conservación

0,00

Data sinatura: 29.11.2017.

Data entrada vixencia 24.5.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o financiamento e execución da construción dunha vía en Santa Eulalia, núcleo da Rúa

281.413,68

20.7.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Irixo para a construción dunha senda peonil na estrada OU-223 entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+840

187.837,94

20.7.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oímbra para a mellora da estrada municipal que une Oímbra con San Cibrao. 1ª fase

75.000,00

3.8.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a renovación de calzada da avenida Rosalía de Castro, AC-175

96.272,16

8.8.2018

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trazo para dar continuidade a senda peonil e ciclista no tramo Chaián-A Polveira

150.000,00

9.8.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre a AXI, a Consellería de Facenda e Endesa Generación, S.A. de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes para o cumprimento da central térmica da Directiva 2010/75/UE sobre emisións industriais

0,00

30.7.2018