Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45071

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

DECRETO 122/2018, do 20 de setembro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creouse coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico. A actual Lei 2/2016, do solo de Galicia, mantén a configuración e finalidade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. De conformidade co previsto no artigo 10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do cal forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese Ricardo Babío Arcay como vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio