Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de setembro de 2018 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/21/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de xullo de 2018, resolución en que se declara ilegalizable a execución dunha construción prefabricada, con tipoloxía de nave, así como na instalación de catro casetas prefabricadas, auxiliares da construción principal e na realización de desmontes e recheo de terras, para a nivelación e acondicionamento do terreo en que se sitúan as obras, no lugar de Gondulfe, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Jacobo Paredes López-Camba, en representación de Gondulfe Inversiones, S.L., mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística