Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de outubro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Fomento da mobilidade sostible. Senda na LU-621. Treito: A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, de clave LU/16/251.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas, teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o medio ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O presente proxecto ten por obxecto a execución dunha senda compartida peón-bici, pola marxe esquerda da estrada LU-621, desde o punto quilométrico (p.q.) 0+580 ao 1+040, no concello de Láncara, cunha lonxitude total de actuación de 460 metros.

As actuacións que se prevén realizar son as seguintes:

1. Executarase unha senda que se inicia no p.q. 0+580 da LU-621, no final da travesía da Pobra de San Xiao, onde se atopan beirarrúas peonís, desmontes, liñas eléctricas e de telefonía. A sección desta senda terá un ancho de 2,00 metros, incluíndo o bordo de dimensións 0,22×0,12 m, e executarase con pavimento continuo de formigón coloreado.

Desde o p.q 0+740 ata o 0+980 aproximadamente, a senda sepárase da calzada actual.

Co fin de evitar ocupacións excesivas dos terreos lindantes executaranse repés de escolleira para a contención dos derrames de terras, con alturas máximas de 1,50 metros.

2. Avanzado o trazado da LU-621, ao final do treito da actuación, atópase unha estrutura sobre o río Neira, que requirirá unha ampliación para aloxar a senda, mediante a execución de treitos con saínte para implantar os itinerarios peonís e ciclistas.

3. Ao final do treito, atópase a intersección que leva á urbanización Playas de Valdriz (p.q. 1+020 aproximadamente), a cal se remodelará mediante a implantación dunha nova glorieta para resolver a problemática existente actualmente no que respecta aos movementos de cruce e xiros á esquerda e mellorar a seguridade dos vehículos, ciclistas e peóns neste treito.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de Expropiación Forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), e no Concello de Láncara (avenida Rosalía de Castro, 17, 27360 A Pobra de San Xiao, Lugo). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción Fomento da mobilidade sostible. Senda na LU-621.
Treito: A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, de clave LU/16/251.06

Concello de Láncara:

Ref. catastral

Titular

Tipo

Superficie expropiación (m2)

1

27026A00400068

Promociones Valdriz, S.A.

Solo rústico

2.077,00

2

27026A00201000

Eléctrica de Valdriz Producción, S.L.

Solo rústico

59,00

3

27026A00300012

Bande Neira, Manuel Francisco

Solo rústico

8,00

4

7874280PH2477S

Construcciones Clelia, S.L.

Solo de protección infraestruturas

831,00